Un menor sufre unha caída dun tractor en Meaño

Ademais do persoal do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén foron informados os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Ribadumia e os membros do GES de Sanxenxo

Sobre as 15:30 horas, o 112 Galicia tivo constancia dun accidente nun domicilio particular do concello pontevedrés de Meaño, en Galiñáns, Lores. Segundo informou o alertante ao 112 Galicia, tratouse un menor que sufrira unha caída do tractor que se atopaba no domicilio familiar.

Ademais do persoal do servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 tamén foron informados os axentes da Garda Civil, os Bombeiros de Ribadumia e os membros do GES de Sanxenxo.

Comentarios