viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

A obra do muro da ermida da Lanzada farase "con urxencia"

Cores Tourís realizou a visita acompañado do alcalde de Sanxenxo e concelleiros do municipio. CEDIDA
Cores Tourís realizou a visita acompañado do alcalde de Sanxenxo e concelleiros do municipio. CEDIDA
A zona afectada polo derrube presenta "perigo de desprendemento"

O delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou durante a mañá deste xoves o entorno da ermida da Lanzada, a petición do alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, para avaliar a situación do muro e das escadas de baixada ao mar, que se viron afectadas por un derrube durante a pasada fin de semana.

Despois de que Tourís, que visitou o lugar na compañía do alcalde de Sanxenxo, así como da xefa Territorial de Cultura, María José Echevarría, varios concelleiros do municipio e o párroco responsable da ermida, puidera comprobar a situación das pedras que forman o muro da construción, chegouse ao acordo de que o Concello de Sanxenxo presentará nas vindeiras horas un proxecto de obra de emerxencia ante Patrimonio, co obxectivo de "consolidar a obra do muro" no que, segundo puido comprobar o delegado territorial da Xunta, "existe un perigo real de desprendemento".

O proxecto precisa o visto bo de Patrimonio para levarse a cabo xa que, aínda que se trata dunha obra que data dos anos 80 e que foi executada polos veciños para evitar danos dos temporais sobre este espazo, atópase dentro da área de protección da ermida.

Pola súa parte, segundo informou o alcalde de Sanxenxo, Costas do Estado acordou non participar nesta obra xa que, segundo o informe emitido por este departamento, a zona "non afecta ao dominio marítimo terrestre".

Mentres non se realizan as obras para arranxar o muro da ermida, a zona permanece precintada. O Concello instalou un valado de protección para evitar que os visitantes poidan acceder á escada, mentres non quede completamente garantida a seguridade da zona.

O desprendemento de terra e pedras no entorno da ermida da Lanzada durante a pasada fin de semana fixo necesario o desprazamento da Policía Local e do corpo de Emerxencias de Sanxenxo para realizar o pertinente acordonado da zona. Afortunadamente, durante o desprendemento non houbo que lamentar danos persoais.

A obra do muro da ermida da Lanzada farase "con urxencia"
Comentarios
ç