Unha obra dun edificio desviará o tráfico na rúa Santa Lucía en Vilagarcía

Os vehículos deberán bordear a mazá por Vila Janer e tomar por Moreira Casal para desembocar na rotonda do Ramal

Rúa Santa Lucia. GOOGLE STREET VIEW
photo_camera Rúa Santa Lucia. GOOGLE STREET VIEW

A substitución dunhas ventás no edificio situado fronte á Escola de Música, na avenida Rosalía de Castro de Vilagarcía, obrigará a desviar a circulación en sentido Carril pola rúa Santa Lucía entre este mércores e o próximo luns.

Os vehículos deberán bordear a mazá por Vila Janer e tomar por Moreira Casal para desembocar na rotonda do Ramal e incorporase de novo a Rosalía de Castro. As obras afectarán só a este sentido da circulación.

O sábado e o domingo o primeiro tramo de Rosalía de Castro funcionará con normalidade. O resto de días, a circulación será a habitual en horario nocturno e durante o descanso para almorzar.

Comentarios