miércoles. 21.04.2021 |
El tiempo
miércoles. 21.04.2021
El tiempo

Un operario resulta ferido de consideración ao caer desde unha altura de catro metros no Grove

Unha ambulancia do 061. ARQUIVO
Unha ambulancia do 061. ARQUIVO
Nunha nave industrial de Vigo produciuse un suceso similar

Un operario dunha fábrica de conservas situada no lugar da Virxe das Mareas, no Grove, sufriu feridas de diversa consideración despois de caer desde unha altura de catro metros.

Os feitos sucederon preto das 13.00 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do accidente laboral a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que mobilizou un helicóptero medicalizado para atender ao traballador.

Ademais, desde Emerxencias 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Policía Local, da Garda Civil e do Servizo Municipal de Protección Civil.

VIGO. Por outra banda, en Vigo, outro operario resultou ferido ao sufrir unha caída desde uns tres metros de altura nunha nave industrial en Valadares.

O 112 Galicia recibiu a alerta do suceso uns minutos antes do accidente laboral do Grove, mediante a información transmitida por Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Acto seguido, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención da Policía Nacional e Local.

Un operario resulta ferido de consideración ao caer desde unha...
ç