Pita defende a xestión de SAL en Sanxenxo na presentación da candidatura ás municipais

O candidato á alcaldía insistiu en que o obxectivo da formación é "poñer o interés xeral por riba de calquera sigla política"

Gonzalo Pita cos membros da lista de SAL. DP
photo_camera Gonzalo Pita cos membros da lista de SAL. DP

Sanxenxo Agrupación Liberal deu a coñecer este sábado a lista de candidatos coa que acudirá ás eleccióss municipais de 2019.

Gonzalo Pita insistiu en que o obxectivo da formación é "poñer o interés xeral por riba de calquera sigla política". "A Sanxenxo vaille moito mellor desde a chegada de SAL, un partido libre, humilde e sen ataduras, que cumpre ou impón cumprir o seu programa", apuntou o exalcalde.

Os postos de inicio da lista estarán compostos por Daniel Fernández, con experiencia nas concellerías de urbanismo e infraestructuras, e Jesús Sueiro, con experiencia na dirección das concellerías de festas, deportes e turismo. Ademáis, repiten na lista Carmen Barral, Yago Torres, José Luis Rey, Saúl Torrel, Mª Carmen Balado, María José Bouzada e Francisco Villaverde. 

Con todo, tamén haberá moitas caras novas na lista. Trátase de Isabel Gonzalo, Ana Vizoso, José Luis Prieto, María Margarita Puime, Lucía Otero, Milagros Gondar, Fernando M. González, María Luz Esperón, Daniel López e Nerea Aragunde.

Pita defendeu a súa xestión. "O Concello atópase a un abismo de como o atopamos no 2015. Nestes catro anos tomamos decisións difíciles e os veciños saíron gañando". Neste senso, o candidato á alcaldía de Sanxenxo destacou accións realizadas pola súa formación. "Baixamos a débeda máis dun 60%, baixamos os impostes e co noso sacrificio de ceder a alcaldía e estanse a executar demandas que levaban aparcadas moitos anos", afirmou.

A lista de SAL quedará configurada así:
1. Gonzalo Gonzalo Pita
2. Daniel Fernández Piñeiro (Portonovo)
3. Jesús Joaquín Sueiro Méndez (Sanxenxo)
4. Isabel Gonzalo Pita (Vilalonga)
5. Ana Vizoso Piñeiro (Noalla)
6. María Carmen Barral Novoa (Dorrón)
7. José Luis Prieto Castro (Nantes)
8. Yago Torres Pérez (Vilalonga)
9. María Margarita Puime Lorenzo (Portonovo)
10. Lucía Otero Torres (Gondar)
11. María Carmen Balado Lamas (Noalla) 
12. Saúl Torres Fernández (Vilalonga)
13. Milagros Gondar Galiñanes (Portonovo)
14. Fernando Manuel González Piñeiro (Noalla)
15. José Luis Rey Vidal (Gondar)
16. María Luz Esperón Vidal (A Revolta)
17. Francisco Villaverde Otero (Dorrón)
18. Daniel López (Gondar)
19. Nerea Aragunde (Villalonga)
20. María José M. Valentín (Nantes).

Comentarios