A poesía salta a escena este domingo na feira literaria de Vilagarcía

O poeta e cantautor madrileño Marwan ofrecerá no Salón García as 21:00 horas
Libros. PIXABAY
photo_camera Libros. PIXABAY
A segunda edición da feira literaria Vilagarcía, Cidade de Libro arranca este domingo cun intenso e interesante programa a desenvolver ata o día 19, e no que o xénero poético será o protagonista único da xornada inaugural. Recitada, escrita ou cantada, a poesía estará omnipresente tanto nos títulos dos libros á venta nas casetas das librerías participantes, coma no recital de A Mesa das Verbas ou no concerto que o poeta e cantautor madrileño Marwan ofrecerá no Salón García as 21:00 horas. As actividades infantís do Literatour tamén terán á poesía como centro de xogos e espectáculos.

A feira comezará as 10:00 horas cando cheguen ao Parque Miguel Hernández os primeiros grupos de escolares que participarán no ‘Literatour’. Ata ás 13:30 horas os cativos contactarán co mundo dos libros e, nesta xornada en especial, coa poesía a través dos xogos previstos na xincana literaria. O evento propiamente dita abrirá ás súas portas ás 11:00 horas na Praza da II República, cando as casetas das librarías e dos colectivos levanten as súas persianas e comece a exposición e venta de libros. As casetas funcionarán de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 21 horas.

O seminario número 1 do Auditorio acolle as 17:30 horas a actividade Da palabra á voz, un obradoiro de poesía rebelde para aqueles que desexen iniciarse neste xénero. Os actos infantís regresan ao Parque Miguel Hernández ás 18:00 horas co contacontos en verso. Ás 19:00 horas, no escenario infantil do Miguel Hernández, a diversión continuará co espectáculo infantil ‘Fazulas, o ladrón de paraugas’. A esa mesma hora o escenario principal da Praza da II República acollerá o recital poético do colectivo A Mesa das Verbas.
 

Comentarios