Portonovo volveu renderse ás sardiñas

As festas da vila sanxenxina honran este luns á Nosa Señora con actos relixiosos e contarán coa música do DJ Kiko Rivera
Gran ambiente na carpa de degustación en Portonovo. DP
photo_camera Gran ambiente na carpa de degustación en Portonovo. DP

A degustación popular gratuíta na que se repartiron máis de 500 quilos de sardiñas deu o pistoletazo de saída, onte, ás populares Festas de Portonovo en honor á virxe do Carme e a San Roque. Na primeira xornada do evento a protagonista non foi relixiosa, senón a raíña da ría, o peixe que prefiren todas as parrillas no verán, e que, despois de dous anos sen estar presente nesta data por mor da pandemia, trinfou entre veciños e visitantes, que fixeron longas ringleiras para poder facerse coa súa ración gratuíta.

O Concello e a comisión de festas cooperaron na posta en marcha desta cita, que significou a apertura dunhas festas pensadas para recuperar a convivencia e a tradición na vila. Así, na xornada deste luns, día no que se honrará á Nosa Señora, está previsto un acto relixioso ás 13.00 horas, ademais do concerto do DJ Kiko Rivera e a orquestra Olympus.

n Sanxenxo 8

Na xornada de San Roque, o martes, que tamén é festivo local na vila, haberá unha misa ás 11.00 na capela de Portonovo, e o encontro tradicional de imáxenes relixiosas, sobre as 12.00 horas, no mesmo punto. San Roque terá o seu acto relixioso ás 19.00 horas, cunha misa cantada pola coral de Adina así como cunha procesión e tirada de fogos de artificio. Xa pola noite, será o momento da música, co concerto da Banda de Música de Meaño (21.00 horas), a artista Soraya e a orquestra Kubo (abas desde as 23.00 horas). A programación seguirá con actos relixiosos na honra do Carme o mércores e co Día do Can de San Roque o xoves, contando con diversas paradas relixiosas, máis música e o colofón do desfile de cans.

A cita festiva ten ducias de adeptos entre veciños e visitantes, pero non é a única da xornada. O municipio despediu este domingo a Festa da Ostra de Noalla, coa que se deu salida a máis de 20.000 unidades de ostra fresca, que se venderon a 10 euros a ducia e se gozou de gran ambiente desde o venres.

Comentarios