martes. 14.07.2020 |
El tiempo
martes. 14.07.2020
El tiempo

Portos de Galicia pasa revista ao estado do porto de Santo Tomé

O departamento autonómico acometeu obras para mellorar a conservación do firme no peirao

A presidenta de Portos de Galicia, Susana Lenguas, visitou este xoves o porto de Santo Tomé de Cambados, para comprobar o estado de conservación do firme existente na súa contorna e as melloras realizadas nas áreas deterioradas. A máxima responsable do ente dependente da Consellería do Mar estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e durante a súa estadía verificou o resultado das últimas actuacións na zona, entre as que se inclúe a reconstrución de máis de 420 metros cadrados de firme adoquinado que estaba afundido no dique do porto.

A presidenta do ente autonómico explicou que estes traballos se enmarcan na planificación de labores de mantemento, ordenación e conservación de infraestruturas realizada por Portos de Galicia nos peiraos da súa competencia. Trátase de investimentos menores, habituais e repartidos polas distintas instalacións portuarias co obxectivo de mellorar as condicións de seguridade e facilitar o traballo dos usuarios así como manter eses activos en bo estado de conservación.

Unhas actuacións que contribúen a mellorar os resultados dos portos e a que xeran riqueza e emprego na súa contorna.

Portos de Galicia pasa revista ao estado do porto de Santo Tomé
Comentarios