O pósito de Portonovo zanxa a crise interna e revalida a Juan José Besada

As eleccións a patrón maior enfrontaron a dous sectores encabezados por Besada e Francisco González
Juan José Besada, patrón maior da Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo. DP
photo_camera Juan José Besada, patrón maior da Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo. DP

As eleccións para designar un novo patrón maior para a Confraría de Pescadores San Roque de Portonovo, ou para revalidar a Besada no cargo, eran as dúas únicas posibles saídas para zanxar a polémica crise interna que durante meses mantivo ao pósito dividido en dous bandos. Por un lado, o ata o momento patrón maior, Juan José Besada, e polo outro, un sector crítico cuxo candidato ao cargo era Francisco Javier González Aguín. A división chegou este sábado ás urnas, que nivelaron a balanza en favor de Juan José Besada, que revalida así o cargo de patrón maior da cofradía, no que leva dende 2018, e que agora poderá completar a súa lexislatura ata novembro de 2022. O cargo de vicepatrón, dende a categoría de armador, pasa a ocupalo Daniel Carballa Besada, mentres que o de vicepatrón segundo, na categoría de mariñeiro, é para Eduardo Agís Besada.

Juan José Besada acolleu este sábado a súa revalidación como patrón maior con vontade de "volver traballar de novo e seguir co ritmo que colleramos", asegurou. "Agora que temos elixidos aos órganos xestores podemos continuar. Hai xente que pensa que as cousas se fan de repente, pero a xestión dunha entidade coma a nosa é moi complexa. Por un lado, está a parte financieira, as vendas en lonxa baixaron bastante e é complicado ser cen por cen operativos", sinalou, en referencia as críticas.

En canto á situación que nos últimos meses puxo á confraría en mans dunha xunta xestora, Besada valorou que "son cousas que pasan ás veces nestes colectivos. Non foi tanto un problema de descontento, senón que coa redución tan drástica de socios na confraría quedamos sen quorum na xunta. Se faltan dúas persoas e catro dimiten, hai que facer eleccións. Se tiveramos os socios de hai anos, cando eramos cerca de 200, non pasaría nada, pero agora non chegamos aos 100", explicou.

A pesar do acontecido, Besada amosou as súas ganas de seguir traballando. "A maioría dos que estabamos antes seguimos na xunta e queremos facer aquelas cousas que comezaramos, pero requiren o seu tempo a nivel de trámites e financiaciación. Primeiro hai que facer as xestións e logo veñen os cambios", manifestou o patrón maior.

Juan José Besada, patrón maior: "A maioría dos que estabamos seguimos na xunta e queremos facer aquelas cousas que comezamos" 

OPOSICIÓN. Aínda que "con una sensación amarga", o outro candidato a patrón maior por parte do sector crítico, Francisco Javier González Aguín, despediu a oportunidade de "cambiar este organismo" intentándoo ata as mesmísimas eleccións. "Estoy en esto por corazón, soy de familia de marineros, de la empresa Servinauta. Mi padre no quería deshacerse de la empresa y cogí el barco, porque me gusta, y quería poder hacer algo por esta gente, que está enfrentada" sinalou González Aguín, que optaba ao posto coa intención de "cambiar la relación con las instituciones, con las empresas privadas y realizar una auditoría". Pero, lamentou, "antes de la votación, tenía preparado un discurso para que mis compañeros escucharan mis propuestas, y ni siquiera tuve la opción de hablar. Nada más llegar se votó, y quería haberme explicado al principio, porque a raíz de esta cuestión se ha hablado mucho. Se han dicho cosas que no son justas", afeou.Francisco González. DP

Neste sentido, valorou que as eleccións leváronse a cabo "sin cambiar el censo". Segundo González Aguín, "votó gente que no va al mar, pero que igualmente está censada. Ese censo hay que actualizarlo una vez al año, y no se renovó. Un tripulante de mi barco, que está conmigo desde hace cinco años no está en el censo y no pudo votar por mí a causa de que no está actualizado, y sin embargo una persona que sí tiene el título pero que no va al mar habitualmente, pudo participar en la votación", explicou.

González Aguín, cuxos antecedentes familiares tiveron preseza na confraría, asumiu que "los integrantes no votaron por el cambio". Neste sentido, asegurou, "mi padre fue armador y patrón, y mi abuelo también estuvo en el cabildo. Por parte de madre soy de familia marinera y se hicieron y dijeron cosas que no son justas", manifestou.

A pesar da polémica xurdida, a confraría continúa con vontade de recuperar un tempo perdido entre as discrepancias e, en palabras de Juan José Besada, seguirá "traballando" ata que as urnas inclinen, ou non, a balanza nunha dirección diferente en 2022.

Francisco González, candidato: "Me hubiera gustado que antes de la votación mis compañeros pudiesen escuchar mis propuestas" 

Eleccións: un proceso complexo que chega á súa fin
As eleccións chegaron despois de que o sector crítico tentara forzalas coa dimisión da maioría da Xunta Xeral o pasado mes de decembro. Neste sentido, e despois de que o pósito pasara a mans dunha xestora ante a disolución do cabildo, as eleccións á Xunta Xeral, que se celebraron hai dúas semanas, posicionaron a González Aguín e ao sector crítico co maior número de votos (13 para o candidato e 11 para outro membro), mentres que Besada conseguiu entrar na Xunta con nove, deixando fóra a un cuarto candidato.
Nas eleccións do sábado fixáronse os membros da xunta directiva, cabildo e patrón maior. Segundo o decreto de confrarías disponse un número de representantes por cada arte. No caso de Juan José Besada, fixouse unha xunta directiva de 12 membros dos que seis forman parte do cabildo, ademais del, que como patrón maior está presente en ambos organismos. Primeiro, a xunta vota ao patrón maior e logo vótase ao vicepatrón e vicepatrón segundo. Neste caso, o vicepatrón foi designado entre os armadores e o patrón maior e o vicepatrón segundo, entre os mariñeiros.
O actual patrón maior revalida agora o cargo ata esgotar a lexislatura que xa iniciara, polo que as vindeiras eleccións están previstas para novembro de 2022. Aqueles membros que inicialmente dimitiran da xunta xeral, non se poderán presentar ás eleccións ata entón, posto que se debe completar primeiro a presente lexislatura. 

Comentarios