O PP esixe axudas provinciais para probas náuticas que se celebran en Sanxenxo

A formación conservadora insta á Deputación a colaborar co RC Náutico de Sanxenxo na organización das competicións internacionais que se van celebrar no concello os vindeiros dous anos
Salida de la regata del año pasado. DP
photo_camera Imagen de archivo de una regata. DP

O deputado provincial do Partido Popular, Javier Tourís, reclama á Deputación de Pontevedra que asine un convenio co Real Club Náutico de Sanxenxo para colaborar co Campionato de Europa 2020 e o Mundial 2021 da clase 6 metros que se van celebrar nese concello.

Foi durante o último pleno da Corporación, no que presentou unha pregunta para que a Deputación estea presente nestes eventos. "Non cabe dúbida que as dúas probas van ser eventos turísticos e deportivos dos máis importantes para a provincia nos próximos dous anos, e a Deputación non pode quedar á marxe, ten que ser partícipe", sinala.

Tourís lembra que é a primeira vez na historia na que se van celebrar os dous campionatos, de xeito consecutivo, nas mesmas augas. E que tamén é a primeira vez na historia que se conseguen estas competicións na comarca do Salnés, e concretamente en Sanxenxo. "Van ser casi tres anos de regatas. Preto de 29 regatas por ano e que se van realizar fóra dos meses de xullo e de agosto, o que vai contribuir á desestacionalización do turismo", engade. Ademais, ao ser consecutivas os barcos non teñen que moverse de un ano a outro, o que significa que a afluencia será maior.

De feito, apunta o deputado 'popular', "as estimacións son que poidan participar preto de 60 barcos. Hai xa 30 confirmados, de todo o mundo, e o impacto económico que terá para a comarca —reserva de hoteis, restauración ou comercio— pode ser similar ao que foi no seu día a celebración da Volvo Ocean Race".

Comentarios