A praia da Panadeira logra a bandeira azul tras dez anos sen conseguila

O alcalde de Sanxenxo asegurou que xa se están realizando as obras necesarias para conseguir os distintivos nos areais de Area de Agra e Nanín 

O alcalde procede a colocar a bandeira coa axuda de dous nenos presentes no lugar. DP
photo_camera O alcalde procede a colocar a bandeira coa axuda de dous nenos presentes no lugar. DP

O alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, anunciou este mércoles que traballan para que as praias de Area de Agra e Nanín teñan bandeira azul moi pronto.

Martín fixo estas declaracións durante o izado da que ondeará este verán na praia da a Panadeira. Tamén estiveron no acto Francisco González, presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, e Julio Presas, representante de Entretendas.

O alcalde asegurou sentirse orgulloso de poder poñer este distintivo nesta praia xa que "facía máis de dez anos que non tiña bandeira azul. Por fin a conseguimos". Ademais, no acto tamén se procedeu á colocación da bandeira verde a de praias sen fume. Esta última forma parte dunha iniciativa da Xunta de Galicia que recomenda non fumar nas praias sinalizadas con este distintivo.

Ademais da colocación das bandeiras o alcalde tamén quixo destacar a mellora do acceso á praia incorporando zonas verdes e a remodelación do parque da Panadeira.

"Non somos conformistas e temos que seguir traballando para que dúas praias que se nos resisten poidan ter bandeira"

Tras estes cambios Telmo Martín cre que "quedou unha zona moi bonita". O alcalde destacou a actuación no parque da Panadeira. "Estou encantado de que cada vez haxa máis nenos e máis persoas gozando deste espazo tan marabilloso", apuntou.

INCONFORMISTAS. Pero, a pesar de gozar de novas bandeiras azuis no Concello, Telmo Martín engade que "non somos conformistas e temos que seguir traballando para que dúas praias que se nos resisten, Area de Agra e Nanín, poidan ter bandeira proximamente". Pero estas bandeiras aínda tardarán un tempo.

O alcalde espera ter algunha delas para o próximo ano, pero engade que "hai que cumprir durante uns anos uns requisitos", polo que non pode asegurar cando se poderán conseguir. Pero o alcalde asegura que desde o goberno local se está loitando para poder sumar esas dúas bandeiras azuis ás catorce xa existentes no Concello.

"Estou encantado de que cada vez haxa máis nenos e máis persoas disfrutando deste espazo tan marabilloso" 

No caso de Area de Agra o goberno local vai acometer o saneamento do que carecía a zona e en Nanín xa se realizou a obra de alcantarillado. Estes eran os principais obstáculos para poder optar á bandeira azul nestas praias.

APOSTAR POR SANXENXO. Telmo Martín asegura que "Sanxenxo segue apostando polas bandeiras azuis, polos socorristas, polos sanitarios, pola limpeza nas praias, polos baños ou polo acceso para minusválidos".

A isto engade que "cumprindo todo isto Sanxenxo segue medrando e en temporada estival seguimos sendo líderes en toda España".

Comentarios