Denuncian o uso de 'Sangenjo' nun cartel dun programa patrocinado polo Xacobeo

Os socialistas critican a aparición desta forma toponímica inexistente na promoción do espazo radiofónico de Jiménez Losantos
Cartel de promoción del programa de Jiménez Losantos desde Sanxenxo
photo_camera Cartel de promoción del programa de Jiménez Losantos desde Sanxenxo

A portavoz de Lingua do PSdeG, Noa Díaz, acaba de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias sobre a participación da Xunta na promoción dun programa radiofónico de Jiménez Losantos desde a localidade de Sanxenxo, no se que inclúe a forma toponímica inexistente de "Sangenjo". 

Díaz alertou de que este nome figura xunto co logotipo oficial do Xacobeo 21-22 Galicia polo que considera "inaceptable" que o Goberno galego sexa partícipe destes "malos tratos á nosa lingua, tanto por non someter a control toda a publicidade sufragada con fondos públicos como para non actuar unha vez coñecido este atentado á nosa toponimia". 

Apunta que precisamente esta clara deturpación do topónimo resulta máis grave, xa que conta co financiamento da Xunta de Galicia, dentro da programación do Xacobeo. 

A portavoz socialista explica que a toponimia é definida e protexida como parte do noso patrimonio cultural inmaterial, de acordo coa extensa e indiscutible literatura normativa, desde a Lei de Normalización Lingüística e os decretos que a desenvolveron, o Plan xeral de Normalización Lingüística de 2004, a Lei estatal de salvagarda do patrimonio cultural inmaterial de 2015, ou a Lei de Patrimonio cultural de Galicia de 2016. 

Por este motivo, conclúe Díaz, "sorprenden na actualidade determinadas manifestacións que se levan producindo no ámbito publico sen que o Goberno galego tome ningunha medida contundente ao respecto". 
 

Comentarios