O PSDG-PSOE reclama á Xunta que inclúan os investimentos prometidos para Sanxenxo

A portavoz do PSdeG-PSOE Ainhoa Fervenza afirma que este orzamento tería que estar para o ano 2023 pero aínda non se presentaron os cartos para facer a obra da PO-308
Ainhoa Fervenza. DAVID FREIRE
photo_camera Ainhoa Fervenza. DAVID FREIRE

A voceira do PSdeG-PSOE de Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, reclamou á Xunta os "investimentos prometidos para Sanxenxo", lembrando que a conselleira de infraestructuras Ethel Vazquez anunciou unha mellora da PO-308 ao seu paso por Portonovo, cun orzamento total de 2,7 millones de euros dos cales faríase cargo nun 70% a Xunta e un 30% o Concello. Neste sentido, Fervenza asegurou que "este anuncio fixérono a primeiros de ano, pero para que se poida realizar a obra ten que vir acompañada de cartos, e a partida orzamentaria xa tería que estar nos orzamentos para o ano 2023, polo que moito nos tememos que foi unha bomba de palenque máis das que xa estamos acostumados polo nosos alcalde. Vende, vende e vende, pero o que vende e fume", dixo.

A voceira acusou a Martín de "ineficacia" e puxo de exemplo a Carmela Silva,a segurando que, de ser ela a responsable, a obra teríase feito. Así, destacou as diferencias na xestión de distintos proxectos con estas obras: "A diferencia de xestión da Xunta de Galicia, coa que fan dende o Ministerio de transición coa obra de mellora da depuradora de Paxariñas que xa vai comezar, ou os Next Generation para a Telleira ou o Pazo de Quintáns, ou a Deputación de Pontevedra con todas as actuacións que leva feitas non teñen parangón".

O PSDdeG tamén criticou a xestión do Centro de Saúde Baltar que consideran unha enmenda: "Quixeron apagar un fogo anunciando unhas obras de mellora para desviar a nosa atención sobre o desabastecemento de persoal que está a sufrir este ambulatorio, pero isto tampouco vai acompañado da partida orzamentaria necesaria, polo que é outra mentira descarada" afirmaba Fervenza, quen tamén valorou que "ao alcalde non lle importa realmente como está a atención do Centro de Saúde, senón non a defendería como fixeron todos os rexidores do Salnés, a excepción del e do de Vilanova. Estou case segura de que a idea do anuncio da obra baleira de cartos foi súa, creo que pensan de verdade que somos uns bonecos os cales poden manexar o seu antollo", dixo.

Comentarios