Pura diversión por San Roque en Vilagarcía

A vila pontevedresa vive o seu primeiro sábado de festas cos Immaculate Fools como prato forte
Immaculate Fools. ADP
photo_camera Immaculate Fools. ADP

O SÁBADO adoita ser un día de festa e ocio para gran parte dos galegos. Pero este sábado áinda máis se cabe para os veciños e veciñas de Vilagarcía de Arousa, que celebran a segunda xornada das súas Festas de San Roque 2021, cun programa cargado de música tradicional e de pop-rock. Pasalo peor que ben non é unha opción.

Ás 12:30 horas nos Xardíns de Ravella, a compañía Paporrubio amosará aos máis pequenos o seu espectáculo de monicreques 'Varietés do animalario'. A obra, nun ton humorístico, afonda no cuestionamento dos roles habituais que teñen a raposa e o lobo na cultura tradicional oral.

Tras este show, ás 13:00 horas o grupo de gaitas Os Trasnos de Guillán levarán cabo un pasacalles co que encherán de ritmo as rúas da cidade.

No Parque da Xunqueira, ás 20:00 horas viviráse o concerto de TNT Band, grupo composto por catro mozos vilagarciáns de 19 anos que presentarán o seu segundo disco 'Compañero', tras a súa consolidación no panorama de festivais galegos. O Revenidas, o Wild Fest de Vigo ou o Oeste Rock son algúns dos eventos nos que se fixeron un oco coa súa enerxía e compromiso no escenario.

Os pasacalles do grupo de gaitas Airiños do Carril, ás 20:30 horas, e do grupo de percusión Latexo, ás 22:30 h., serán os encargados de animar a noitiña polas rúas de Vialagarcía.

Cando o reloxo marque as 23:00 horas, será o turno do plato forte do día: o concerto dos Immaculate Fools no Parque da Xunqueira. Grupo histórico de finais de século e refundado en 2016 polo seu líder e compostior, Immaculate Fools chega ás Festas de San Roque para deleitar o público cos seus grandes éxitos como 'Hearts of Fortune', 'Price' ou 'Sad', pero tamén para presentar o seu novo álbum ‘Stardust and Water’. Tanto este concerto como o de TNT Band terán entrada de balde con reserva previa na web de Woutick.

Comentarios