Queixas e recollidas de sinaturas ante a ausencia de facultativos en Vilalonga

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo denuncia a situación no consultorio, onde non se cubriron as prazas o luns e o martes ▶ A Asociación de Veciños únese ás queixas
Centro de saúde de Vilalonha. DP
photo_camera Centro de saúde de Vilalonga. DP

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo denunciou este martes a ausencia de facultativos no consultorio de Vilalonga a causa da non cobertura das baixas, e pediu a todas as persoas afectadas que cubran as follas de reclamación para trasladarllo ao Sergas. Segundo a Plataforma, ata o 1 de abril non se agarda a incorporación dun dos facultativos, "mentres que a médica permanecerá de baixa ata a súa total recuperación".

Deste xeito, o pasado luns e o martes as prazas "non foron cubertas", se ben hoxe e mañá "enviarán a alguén durante catro horas", mentres que o venres "un só facultativo volverá soportar a axenda dobre. Aínda que os casos máis graves se están derivando ao Centro de Saúde de Baltar, sobrecargándoo, o seguemento dos pacientes crónicos recae sobre Enfermería, mentres que os menos graves poden chegar a cronificarse", denunciaron.

Dende a Asociación de Veciños tamén mostraron onte o seu malestar pola situación e levan 200 sinaturas recollidas. Pola súa parte, a Plataforma anunciou unha recollida de sinaturas para despois de Semana Santa.

Comentarios