A remodelación do interior da Casa Priorato de Arra xa ten adxudicataria

A obra custará 170.400 euros que se financiarán con cargo ao Plan Concellos, que, xunto aos importes das fases anteriores, sumará un investimento total de 399.000 euros
O estado actual da Casa Priorato tras a reforma exterior. JAVIER CERVERA - ERCADILLO
photo_camera O estado actual da Casa Priorato tras a reforma exterior. JAVIER CERVERA - ERCADILLO

As obras de remodelación da Casa Priorato de Arra acaban de ser aduxidacas. Entre as sete empresas que se presentaron finalmente será Abal S. A. a que realice os traballos por un importe de 170.400 euros. O custe da remodelación deste símbolo do municipio estará financiado con cargo ao Plan Concellos da Deputación.

Esta nova actuación, que comezará nas próximas semanas, será a terceira fase dun proxecto de reforma integral ao que se está sometendo esta Casa Priorato.

Neste caso as obras centraranse no interior do edificio. Na pranta baixa crearase un local de ensaios, dous locales para asociacións, un almacén, aseos tanto masculinos coma femininos, un distribuidor e un cobertizo. A pranta alta estará destinada a unha sala de usos múltiples, un despacho, un almacén e un "hall".

Ademais de crear todos estes espazos as obras tamén contemplan facer varias actuacións básicas. Comezarase por revestir o chan, as paredes e os teitos. Tamén se ocuparán da instalación da fontanería que se fará con tuberías de polietileno reticulado.

Outros traballos consistirán na instalación da rede de saneamento e evacuación de augas así como da electricidade, alumeado, telefonía e televisión. Ademais, tamén se incorporará un sistema de ventilación híbrido e outro de calefacción con radiadores de aluminio.

OBRAS ANTERIORES. En fases anteriores levouse a cabo a remodelación exterior do edificio. Primeiro restaurouse a cuberta e os muros de cerramento da casa, o que conlevou un investimento de 190.000 euros. Máis tarde instaláronse as ventás e portas novas, o que contou cun presuposto de preto de 24.000 euros.

Esta nova fase, unida ás anteriores, fará que o investimento total nesta Casa Priorato ascenda a 399.000 euros.

Esta edificación de carácter tradicional está actualmente sen uso, pero no seu momento foi a vivenda duns monxes benedictinos ligados ao Mosteiro de Armenteira.

Por todo isto, dende o Concello querían manter a súa esencia pero facela útil para os veciños.

Dende o Goberno local creen que "esta nueva actuación en el Priorato de Arra permitirá convertirlo en un centro sociocultural para uso y disfrute de todos los vecinos, no solo del lugar, sino de todo el municipio".

Comentarios