lunes. 19.08.2019 |
El tiempo
lunes. 19.08.2019
El tiempo

Renfe ofrece unhas 1.500 prazas adicionais con motivo da Festa da Auga de Vilagarcía

Una edición pasada de la Festa da Auga. DAVID FREIRE
Una edición pasada de la Festa da Auga. DAVID FREIRE
A oferta de ambos os días alcanza as 20.000 prazas

Os servizos públicos de Renfe do Corredor Atlántico en Galicia ofrecerán un incremento de case 1.500 prazas desde este xoves 15 até o venres 16 de agosto para achegarse á Festa da Auga que se celebra na localidade pontevedresa de Vilagarcía de Arousa. 

Segundo informou Renfe nun comunicado, como outros anos, a compañía leva a cabo esta operativa "con ánimo de favorecer o transporte por ferrocarril a este tipo de eventos, pondo en circulación todos os trens dispoñibles". A oferta global de ambos os días alcanza case as 20.000 prazas. 

"Con ánimo de evitar as aglomeracións e, ao mesmo tempo, que os usuarios garantan a súa praza coa maior antelación posible", indica a compañía, por parte de Renfe recoméndase anticipar a compra polas canles de venda habituais como a web renfe.com, despachos de billetes, máquinas autoventa, coa aplicación RenfeTicket ou no teléfono 912 320 320. 

Ademais, indica que se establecern os controis de acceso correspondentes co fin de evitar as aglomeracións nos trens. 

Renfe ofrece unhas 1.500 prazas adicionais con motivo da Festa da...
Comentarios