A retirada da cruz franquista da igrexa de Vilagarcía crea discordia tras o Pleno

A portavoz de Podemos-Marea na Vila, María de la O Fernández, afirma que "a Dirección Xeral de Patrimonio contradí a versión" do Concello
El BNG reclamando la retirada de los símbolos franquistas en Vilagarcía en el mes de marzo. FACEBOOK BNG VILAGARCÍA
photo_camera El BNG reclamando la retirada de los símbolos franquistas en Vilagarcía en el mes de marzo. FACEBOOK BNG VILAGARCÍA

A edil de Podemos-Marea da Vila María de la O Fernández González pediu explicacions á voceira do grupo municipal socialista, Tania García Sanmartín, sobre as súas argumentacións acerca da retirada da cruz franquista da fachada da igrexa durante o último Pleno sobre as que, argumentou, "xa nos pareceron incongruentes, pero, agora, a Dirección Xeral de Patrimonio contradí a súa versión". Neste sentido, explicou Fernández González, a socialista "afirmou que existia un proxecto, dixo textualmente , é de febreiro de 2020 e distinto do anterior. Envíamolo a Dirección Xeral de Patrimonio para que dera o visto bo", algo que, asegura, agora "desminte Patrimonio"

Pola súa banda, García Sanmartín contestou este xoves ás acusacións asegurando que "faltar á verdade é o que fai ela cando pon na miña boca palabras que eu nunca dixen. Non sei si io fai porque cando acude aos Plenos non presta atención ao que se di neles, ou máis ben porque ten mentir é a única forma que ten de facer política". Deste xeito, quixo aclarar que "no debate sobre as xestión para retirada da cruz, o que eu realmente dixen, co documento na man que así o atestemuña, foi que o proxecto elaborado para a actuación rematouse en febreiro de 2020, xusto antes do confinamento. Nunca me referín á data de remisión do mesmo a Patrimonio, que é o que a señora Fernández pon na miña boca, para poder acusarme de mentir".

Neste sentido, García Sanmartín quixo aproveitar a ocasión para manifestar o "malestar do Goberno local co xeito de proceder que tivo a Dirección Xeral de Patrimonio, da que este Concello aínda non tivo comunicación algunha sobre a resolución adoptada en relación á actuación na igrexa de Vilagarcía". 

Comentarios