domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

'O Roteiro da Compaña' será a representación de Sanxenxo no Culturgal

Imaxe dun dos rituais protagonizados por Andarela. CEDIDA
Imaxe dun dos rituais protagonizados por Andarela. CEDIDA
A Asociación Cultural Andarela realiza esta actividade en varios lugares do municipio, coincidindo co Día de Defuntos

Sanxenxo apostará este ano por unha actividade diferente e moi vinculada ás raíces galegas, co Roteiro coa Compaña. Crenzas e medos, da Asociación Cultural Andarela.

Será o día 27, ás 19.00 horas, no stand central da Feira Culturgal (en Pontevedra), onde as persoas interesadas poderán achegarse para coñecer os rituais e tradicións que inspiran ao colectivo a realizar esta actividade todos os meses de novembro en distintos puntos do municipio, coincidindo co Día de Defuntos.

Cando baixa o sol e as noites son máis longas, as integrantes deste colectivo marchan de vestidas de branco, con candís e maquillaxe mortuorio. As almiñas, guiadas pola Estadea, visitan diferentes lugares das parroquias de Sanxenxo. Coidado quen se atope coa Compaña!

Para que non a leve de rolda, terase que meter nun círculo de protección que debuxa no chan ou pronunciar as verbas: Aquí hai pan cocido.

"Tentamos poñer en valor a nosa cultura e as nosas tradicións para que non se perdan e parmanezan xeración tras xeración", explica a Asociación Cultural Andarela

Se a Compaña non quere esa almiña para sempre, devolveraa viva, cansa, moi cansa, despois de botar toda a noite de rolda.

A actividade remata, un par de horas despois, ao son das pandeiretas e gaitas, compartindo un petisco, unha queimada e uns bailes.

A Asociación Cultural Andarela, formada por mulleres activas e comprometidas socialmente, leva máis de dez anos organizando roteiros culturais no territorio para dar a coñecer o patrimonio, dende a arqueoloxía dos castros e mámoas á historia económica dos lugares, pasando pola toponimia, e as expresións artísticas como o canto e o baile.

"Tentamos poñer en valor a nosa cultura e as nosas tradicións para que non se perdan e permanezan xeración tras xeración", subliñan.

"É certo que cos roteiros da Compaña metémoslle o medo no corpo a máis dun, pero é unha actividade totalmente lúdica e que ten unha grande aceptación e participación", aseguran as integrantes da Asociación Cultural Andarela.

'O Roteiro da Compaña' será a representación de Sanxenxo no Culturgal
Comentarios
ç