domingo. 18.08.2019 |
El tiempo
domingo. 18.08.2019
El tiempo

A rúa Fonte de Ramos únese aos cambios de dirección levados a cabo en Sanxenxo

Os cambios beneficiarán aos usuarios do párking ubicado nesa rúa. DP
Os cambios beneficiarán aos usuarios do párking ubicado nesa rúa. DP

O Goberno local afirma que está satisfeito cos resultados acadados tras quince días dende as modificacións na circulación

As rúas de Sanxenxo volven a experimentar cambios de dirección. Neste caso é a rúa Fonte de Ramos a que invirte a súa dirección.

O Goberno local apunta que o motivo deste cambio é que "las personas que hacen compras en la zona y aparcan sus vehículos en el parking y el entorno, para salir se ven obligados a bajar hasta el paseo de Silgar para poder subir por la rúa Ourense".

Por esa razón o Concello vai a invertir a dirección de parte da rúa Fonte de Ramos co fin de evitar que esas persoas teñan que dar ese rodeo e facilitando así a saída cara a rúa Progreso.

Deste xeito, os vehículos terán dúas opcións para poder acceder ao paseo. Por unha banda, poderán escoller a rúa Castelao e continuar por Luis Vidal Rocha. Por outra banda, poderán facer como ata o de agora e ir pola rúa Ramón Cabanillas e baixar pola rúa Ourense.

Os vehículos terán dúas opcións para poder acceder ao paseo

Este novo cambio únese aos que o Goberno local aplicou quince días atrás e que modificaron a dirección de varias rúas co fin de que a entrada ao parking do porto fose máis directa. Estes cambios colleron por sorpresa a moitos visitantes do municipio que descoñecían estas novas modificacións, o que provocou retencións nos primerios días de funcionamento desta iniciativa.

SATISFEITOS. O Goberno local afirma que está cada día máis satisfeito cos resultados. Ademáis, engade que "el sentir general de la mayoría es que los cambios están funcionando". Aínda así algunhas persoas son críticas cos cambios ao que o Concello responde que "lógicamente siempre hay quien tiene motivos para no reconocer la realidad".

A rúa Fonte de Ramos únese aos cambios de dirección levados a cabo...
Comentarios