Santo Tomé presenta a programación para honrar o patrón durante tres días

Henry Méndez abrirá o evento

Henry Méndez. ARQUIVO
photo_camera Henry Méndez. ARQUIVO

A comisión de Festas de Gondar e o Concello de Sanxenxo presentaron a programación das festas de Santo Tomé, que terán lugar os días 26 e 30 de abril e 1 de maio. A XII Festa da Xuventude abrirá o evento, coa actuación de Henry Méndez. Ademais, contarán con djs da vila como Víctor Rívas, Dumore, Paco Vulkano e DJ Ench. O día 30 de abril, a partir das 22.30 hora. será a verbena previa ao día grande, a cargo das orquestras Trébol e Televisión.

O 1 de maio, día de Santo Tomé, haberá, logo da salva de bombas anunciando o inicio do día grande, un pasarrúas co grupo de gaitas os Cruceiros de Vilalonga e da Fanfarria Furruxa. Ás 13.00 horas será a misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Fanfarria Furruxa, na carpa instalada para a ocasión.

Pola tarde terá lugar o X Torneo Festas Santo. Tomé, co partido de Solteiros contra Casados. O fin de festa será a partir das 22.30 horas, coa orquestra Abanico. Ademais, durante o transcurso da verbena haberá sorteos de diferentes premios.

Comentarios