miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

Sanxenxo acende o seu Nadal con animación

Acendido das luces en Sanxenxo. DAVID FREIRE
Acendido das luces en Sanxenxo. DAVID FREIRE
O acto, que se trasladou á Praza de Pascual Veiga, contou con música e o reparto de globos luminosos entre maiores e pequenos

Nin as ameazas meteorolóxicas, nin as pingas de auga que caeron durante a tarde deste mércores puideron cos ánimos dos veciños e veciñas de Sanxenxo á hora de gozar do acendido das súas luces de Nadal. Este ano sorprenderon aos viandantes con singulares decoracións coma as das palmeiras da Praza do Mar, un dos espectáculos de lucerío cos que máis se deleitaron os asistentes nunha cita que se celebrou por todo o alto. O acto tivo que cambiar de ubicación, inicialmente prevista na Praza dos Barcos, á Praza de Pascual Veiga, e gozou igualmente dun ambiente festivo que animou tanto a maiores como aos máis pequenos.

O evento contou con animación a cargo dun dj e o reparto de globos luminosos entre os asistentes ao acto de acendido, ambos alicientes facilitados pola agrupación de comerciantes Entretendas Centro Comercial Urbano, que entusiasmaron aos cativos e cativas que bailaron e xogaron sen pausa na rúa durante toda a tarde.

undefinedCabe destacar os 487 motivos luminosos que este ano decoran as sete parroquias do municipio, e que se manterán acendidos ata o vindeiro 10 de xaneiro, con elementos chamativos como un libro, árbores, caixas de agasallo ou cervos, cos que se anima a veciños e visitantes a tomar fotografías a modo de photocall, tal e como se fixera o pasado ano, no que a celebración tivo que adaptarse á pandemia. Xa durante a xornada inaugural de onte, foron moitos os viandantes e asistentes ao acendido das luces que quixeron pasear pola rúa gozando da decoración, e sacando fotos cos diferentes motivos luminosos de fondo.

A decoración de Nadal estará apoiada este ano polo tradicional Concurso de Escaparates, mentres que o vindeiro 24 de decembro Portonovo converterase nun singular Polo Norte, onde Papá Noel recibirá os cativos e cativas.

Encendido das luces de Nadal en Sanxenxo con animacion Praza dos barcos Fotos de ambiente para graficaOs actos continuarán despois das datas de Nadal e Noiteboa, xa que o 31 de decembro terán lugar as tradicionais badaladas anticipadas ás 12.00 horas, tamén na Praza de Pascual Veiga, organizadas pola asociación O Cubreiro e, como novidade este ano, a Praia de Silgar acollerá pola tarde o chamado mergullo solidario, ás 16.00 horas, que permitirá que aquelas persoas que acudan a darse un baño colaboren coa Fundación Aladina cun donativo.

Esa mesma noite, o Concello levará a cabo a primeira tirada de fogos de Nadal en Sanxenxo, a partir das 20.00 horas. Por último o 5 de xaneiro, os paxes dos Reis Magos percorrerán as sete parroquias no Tren Mago durante a mañá, para convidar as familias a asistir á recepción Real pola tarde, na Sala Nauta.

O Concello de Sanxenxo dá así un paso adiante na súa programación de Nadal, co obxectivo de acadar un municipio atractivo tamén durante esas datas.

Sanxenxo acende o seu Nadal con animación
Comentarios