miércoles. 18.09.2019 |
El tiempo
miércoles. 18.09.2019
El tiempo

Sanxenxo, nas olimpiadas interxeracionais lusas

Os participantes das olimpiadas interxeracionais. CONCELLO DE SANXENXO
Os participantes das olimpiadas interxeracionais. CONCELLO DE SANXENXO

A actividade enmárcase no proxecto europeo "In common sports"

As persoas maiores de Sanxenxo viaxaron ata Vilanova de Cerveira, en Portugal, para participar nas olimpiadas interxeracionais.

A esta actividade acoderon os veciños de Sanxenxo que participaron ao longo do ano no programa de Actividade Física para Maiores organizado polo Concello. Ademais, para este encontro contaron coa compañía do concelleiro de deportes, Daniel Arosa.

Nesta viaxe os maiores visitaron o país veciño para practicar deportes como o baloncesto, o voleibol ou o fútbol sala adaptados para a súa idade.

Ademais, tamén houbo un oco para desputar pequenos torneos de xogos tradicionales como os bolos e a petanca.

Esta actividade estase a desenvolver grazas a un convenio de colaboración entre o Concello de Sanxenxo e a Universidade de Vigo para participar no proxecto europeo "In Common Sports". Esta iniciativa defínese a si mesma como unha competición interxeracional para motivar o deporte e a vida saudable nas persoas maiores á vez que se analizan os factores que os moven a practicar deportes e a realizar actividade física en xeral. Neste proxecto tamén participan outros países europeos como Portugal, Italia, Hungría e Bulgaria.

Sanxenxo, nas olimpiadas interxeracionais lusas
Comentarios