Los Satélites amenizan este mércores a verbena do día grande de Santa Rita en Vilagarcía

A axenda da última xornada das festas inclúe unha nova sesión do Festivaliño on The Road, que volverá a aparcar a caravana na zona da Baldosa

A orquesta Los Satélites durante unha actuación. DP
photo_camera A orquesta Los Satélites durante unha actuación. INTERNET

A contorna do conxunto monumental de Vista Alegre convértese este mércores no epicentro das festas de Santa Rita. O contraste volverá ser a principal característica do día grande das celebracións na honra da avogada dos imposibles, ao mesturarse o bulicio típico da romaría co ambiente dos actos relixiosos e a procesión, así coma coa programación lúdica da Feira Celta e a verbena popular, amenizada pola orquestra Los Satélites.

A axenda da última xornada das festas inclúe unha nova sesión do Festivaliño on The Road, que pola tarde volverá a aparcar a caravana na zona da Baldosa con proxeccións continuas de curtametraxes infantís.

Comentarios