O tempo de resposta ante as emerxencias "pasará de 4 a 17 minutos" en Sanxenxo

Os sindicatos expresaron o seu rexeitamento respecto á causa alegada polo Goberno local, que é puramente económica
A comparecencia dos sindicatos en Pontevedra. GONZALO GARCÍA
photo_camera A comparecencia dos sindicatos en Pontevedra. GONZALO GARCÍA

Os sindicatos CIG e CC OO compareceron este venres en Pontevedra para denunciar o que valoraron como o "desmantelamento" do servizo de Emerxencias de Sanxenxo, sobre o que o Goberno local vén de anunciar recentemente unha serie de reformas, co obxectivo de aforrar arredor de 200.000 euros anuais e "evitar duplicidades cos Bombeiros de Ribadumia".

Neste sentido, os sindicatos mostráronse totalmente contrarios ás medidas impulsadas polo executivo local e manifestaron que, con estes cambios, o tempo de resposta en caso de emerxencia no concello de Sanxenxo "pasará de 4 a 17 minutos, no mellor dos casos", durante as horas nocturnas que non cubra o servizo local.

Ademais, ue é puramente económica , e mostraron a súa preocupación porque "en verán Emerxencias volva a cubrir 24 horas, deixando aos veciños como cidadáns de terceira": Aseguraron que tomarán "as medidas legais oportunas". 

Comentarios