A socialista Ainhoa Fervenza reúnese cos xubilados de Sanxenxo

Os presidentes dos colectivos de Sanxenxo e Noalla abordaron a posibilidade de realizar unha xornada de convivencia anual

Reunión de Ainhoa Fervenza con xubilados de Sanxenxo. DP
photo_camera Reunión de Ainhoa Fervenza con xubilados de Sanxenxo. DP

A precampaña xa se sitúa a menos de dous meses para as eleccións do próximo 26 de maio. Os líderes políticos continúan cos seus actos e eventos. A candidata do PSdeG-PSOE en Sanxenxo, Ainhoa Fervenza, reuniuse coas asociacións de xubilados.

Os presidentes dos colectivos de Sanxenxo e Noalla abordaron a posibilidade de realizar unha xornada de convivencia anual. Ademais, Fervenza falou da posibilidade de ampliar o horario do centro de día e expuxo a posibilidade de dotar a Sanxenxo dunha residencia de maiores.

Comentarios