Os socorristas de Sanxenxo desmárcanse das pintadas que apareceron nas praias

Os traballadores  sinalan que as súas reivindicacións, coñecidas polo Concello, están a ser canalizadas por outro tipo de vías
2020062113263498001
photo_camera 2020062113263498000

O colectivo de socorristas de Sanxenxo desmarcouse, a través dun comunicado feito público por CC.OO, das pintadas que apareceron nas fachadas de cinco módulos das praias. Os traballadores e traballadoras do servizo sinalan que as súas reivindicacións, coñecidas polo Concello, están a ser canalizadas por outro tipo de vías. 

Por esta razón, piden que non se vinculen as ditas pintadas coas xustas reivindicacións deste  colectivo, nin se utilice este feito como cortina de fume para distraer a atención sobre o conflito colectivo aberto hai máis dun ano.

As pintadas apareceron en módulos das praias de Canelas, Paxariñas e Montalvo e outro en Areas Gordas.    

Os danos destas pintadas cífranse en 29.000 euros, xa que o borrado "deixa a estrutura afectada e obriga a cambiar o laminado" en cada unha delas, segun o goberno local.

Comentarios