jueves. 04.03.2021 |
El tiempo
jueves. 04.03.2021
El tiempo

Os socorristas de Sanxenxo reivindicarán "os seus dereitos" a partir do sábado

Socorristas na praia de Silgar. DP
Socorristas na praia de Silgar. BEATRIZ CÍSCAR
O colectivo convocou movilizacións que se celebrarán en horario de 10.00 a 11.00 diante da Casa do Concello

O colectivo de socorristas, acomodadores de praia e sanitarios, que prestan servizos para a empresa pública Turismo de Sanxenxo, comezará este sábado, 29 de agosto, mobilizacións "en defensa dos seus dereitos". Co apoio de Comisiones Obreras (CC OO), iniciaranse cunha concentración diante da Casa do Concello, en horario de 10.00 a 11.00, para rexeitar o que consideran "unha serie de atropelos" por parte do Goberno local e esixir que as autoridades se reúnan coa representación sindical e "rectifiquen as decisións previstas".

PETICIÓNS. O colectivo vén de denunciar que o Concello sopesa descontarlles das vacacións os días non traballados debido ao mal tempo, un aspecto que CC OO considera "insólito". Segundo o sindicato, "este persoal ten dereito a dous días e medio de vacacións por cada mes traballado, e ao ser un número tan reducido, o costume é que se retribúan economicamente". O sindicato considera "un disparate e un abuso" que a Administración local "pretenda, con carácter retroactivo, considerar días de vacacións as dúas xornadas que non puideron ser de traballo efectivo, pero nas que as traballadoras tiveron que estar igualmente a disposición".

CCOO tamén critica que o colectivo "non cobrará en setembro o complemento económico" e pide o recoñecemento "das horas extraordinarias". Prevese que haxa concentracións os luns, mércores, venres e sábados.

Os socorristas de Sanxenxo reivindicarán "os seus dereitos" a...
Comentarios
ç