Os socorristas de Sanxenxo suspenden as mobilizacións

Finalmente, o Concello non descontou das vacacións os días non traballados debido ao mal tempo
Un socorrista en la playa de Silgar. DP
photo_camera Un socorrista en la playa de Silgar. DP

O colectivo de socorristas, acomodadores de praia e sanitarios que prestan servizos para a empresa pública Turismo de Sanxenxo, anunciou este mércores a suspensión das mobilizacións comezadas hai case unha semana. Toman a decisión tras ver cumpridas a maior parte das súas esixencias, pero tamén pola finalización do contrato de temporada da maior parte do persoal.

As protestas comezaron tras coñecer a intención do Concello de Sanxenxo de descontarlles das vacacións os días non traballados debido ao mal tempo. Finalmente nas nóminas de agosto non se produciu ningún tipo de desconto económico –nin no que se refire aos sete días nos que non puideron traballar pola situación meteorolóxica nin tampouco en concepto de complemento de posto–, razón pola que decidiron suspender as protestas.

Queda pendente de negociar a discrepancia sobre as horas extraordinarias, "pero para iso sería necesario poder falar co alcalde e cambiar o talante do señor Martín levaríanos toda a vida", apunta CC OO.

Comentarios