Tanxugueiras e La Pegatina súmanse ao cartel do Revenidas 2022

O festival tamén incorpora a Laura Lamontagne & Picoamperio, Talco, Moscow Death Brigade e Suu, que se suman aos xa anunciados Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Zoo, Ladilla Rusa e Lendakaris Muertos
Tanxugueiras. ROCÍO CIBES
photo_camera Tanxugueiras. ROCÍO CIBES

Tanxugueiras e La Pegatina formarán parte do cartel do Revenidas 2022. O trío de pandereteiras, que xa actuou en Vilaxoán na edición de 2021, repite cita e inclúe Revenidas no marco da xira que este ano as levará por algúns dos principais festivais do Estado. Tanxugueiras, que daquelas xa terá na rúa o seu novo disco, presentará en directo un show totalmente diferente ao que se puido ver o pasado ano, centrado xa na súa proposta de mestura de música tradicional con sons electrónicos e urbanos.

La Pegatina. FESTIVAL REVENIDAS
La Pegatina. FESTIVAL REVENIDAS

Outro tanto acontece con La Pegatina, que tamén pasaron noutras ocasións polo escenario do Revenidas. Nesta primavera publicarán novo disco, o décimo na súa traxectoria, con importantes colaboracións internacionais. A xira dos cataláns promete ser unha das máis intensas e festivas deste ano.

Laura Lamontagne & Picoamperio. FESTIVAL REVENIDAS
Laura Lamontagne & Picoamperio. FESTIVAL REVENIDAS

Ademais de Tanxugueiras e La Pegatina, tamén se suman ao cartel do Revenidas 2022 Laura Lamontagne & Picoamperio, que tamén estiveron na pasada edición. Pero tamén o dúo galego chega a este Revenidas con novidades moi importantes. Entre elas, a publicación dun novo disco, que xa se avanza como un dos grandes lanzamentos da música galega deste ano.

Talco. FESTIVAL REVENIDAS
Talco. FESTIVAL REVENIDAS

Outros vellos coñecidos do festival, os italiano Talco, tamén se incorporan a oferta musical do Revenidas. Se na pasada edición se presentaron como Talco Maskerade, o proxecto que crearon a raíz do confinamento, o seu álter ego máis íntimo, no que experimentaban en acústico coa súa vertente máis folk, nesta ocasión volven na súa versión orixinal, con toda a electricidade, enerxía e compromiso da súa proposta de ska e punk combativo.

Moscow Death Brigade. FESTIVAL REVENIDAS
Moscow Death Brigade. FESTIVAL REVENIDAS

Dende Rusia chegan Moscow Death Brigade, creadores dun son propio coñecido como Circle Pit Hip-Hop: unha mestura única e agresiva de música electrónica, punk  hardcore e rap, impregnada de grafiti e cultura de rúa e cunha mensaxe social e solidaria contra a guerra, o racismo e outros tipos de discriminación. O trío moscovita chaga a Vilaxoán para presentar o seu último disco Bad Accent Anthems.

Suu. FESTIVAL REVENIDAS
Suu. FESTIVAL REVENIDAS

Este avance de novas incorporacións do Revenidas péchase coa presenza de Suu. En só dous anos, esta moza cantautora converteuse nunha das artistas catalás máis seguidas e escoitadas da actualidade. Tras un trepidante 2020, no que publicou o seu disco Ventura, producido polo músico Carlos Sadness, Suu emprende este 2022 con máis forza que nunca, cultivando máis de 250.000 oíntes mensuais en Spotify e acumulando case 130.000 seguidores en Youtube e Instagram.

Zoo. FESTIVAL REVENIDAS
Zoo. FESTIVAL REVENIDAS

GRUPOS POR CONFIRMAR. Laura Lamontagne & Picoamperio, Talco, Moscow Death Brigade, e Suu súmanse aos grupos do cartel do Revenidas 2022 que xa foran anunciados previamente, como Baiuca, Dubioza Kolektiv, SFDK, Ladilla Rusa, Lendakaris Muertos e Zoo.

Baiuca. FESTIVAL REVENIDAS
Baiuca. FESTIVAL REVENIDAS

Nos vindeiros meses o Revenidas irá dando a coñecer o resto dos nomes dos grupos e das actividades que conformarán o festival no 2022. Ao resto das bandas iranse sumando tamén o programa de actos paralelos que se desenvolverán en Vilaxoán, o festival de circo, as xornadas e actividades de cultura mariñeira, os concertos a bordo e un longo etcétera.

Lendakaris Muertos. FESTIVAL REVENIDAS
Lendakaris Muertos. FESTIVAL REVENIDAS

ENTRADAS. A venda de abonos para o festival Revenidas 2022 poderán adquirirse dende a web revenidas.com ou dende as redes sociais do festival a un prezo de 46 euros (máis gastos de xestión).

Dubioza Kolektiv. FESTIVAL REVENIDAS
Dubioza Kolektiv. FESTIVAL REVENIDAS

Tamén se ofrece a posibilidade de reservar espazo na zona de acampada e de facer unha carga previa da pulseira cashless.

SFDK. FESTIVAL REVENIDAS
SFDK. FESTIVAL REVENIDAS

As persoas que dispoñan do Carné Xove da Xunta de Galicia poderán mercar o abono cun 15% de desconto, utilizando o código CARNEXOVEFESTIVAL na tiqueteira dixital. Despois deberán presentar o Carné Xove na entrada do festival.

Ladilla Rusa. FESTIVAL REVENIDAS
Ladilla Rusa. FESTIVAL REVENIDAS

Comentarios