jueves. 14.11.2019 |
El tiempo
jueves. 14.11.2019
El tiempo

Os taxis de Sanxenxo cambian de ubicación

Os taxis de Sanxenxo coa súa nova imaxe. EP
Os taxis de Sanxenxo coa súa nova imaxe. EP

A actual parada, na rúa San Isidro, desaparece para deixar paso a dúas novas localizacións nas rúas Luis Vidal Rocha e Cesteiros

A partir desta semana os taxis de Sanxenxo cambian de ubicación. A actual parada, que se atopa na rúa San Isidro, vaise eliminar e deixará paso a dúas novas paradas que estarán ubicadas na rúa Luis Vidal Rocha e na rúa Cesteiros.

Con este cambio o Concello pretende "proteger, conservar y poner en valor la zona peatonal que rodea a la capilla, humanizando y mejorando la seguridad vial de la zona más emblemática de Sanxenxo". Ademáis disto a medida tamén ten o obxectivo de mellorar a entrada dos taxis á parada, xa que na súa actual ubicación atópanse con dificultades para poder acceder ao lugar debido ao tamaño dalgún dos seus vehículos.

Outro dos cambios que se levará a cabo a partir desta fin de semana é a incorporación da parada de taxis nocturna durante o verán situada á entrada do Parking Nauta. Esta medida xa se levara a cabo o verán pasado e consiste na colocación dunha parada na que os taxis poderán operar entre as dúas da mañá e as oito da mañá. Esta medida estival permitiralles aos taxistas realizar un mellor servizo nas noites de verán e facilitará a súa reincorporación á parada ao terminar os seus servizos.

A pesar destes cambios hai outras paradas que seguirán na súa ubicación actual, como é o caso da situada na estación de autobuses, ao carón da rotonda de Arnelas.

Con todas estas medidas o goberno local quere poder dar servizo nas distintas zonas do municipio e atender a demanda dos visitantes estivais tanto polo día como pola noite.

CAMBIO DE IMAXE. Pero os cambios non só se limitan á ubicación das paradas de taxis. O Concello tamén decidiu cambiar a imaxe que preside os taxis de Sanxenxo. Para iso incorporou unha nova pegatina a estes vehículos na que se pode ver o escudo e o nome do municipio.

Con esta medida preténdese unificar a imaxe dos vintesete taxis que operan en Sanxenxo

Os taxis de Sanxenxo cambian de ubicación
Comentarios