O teatro colaborativo enche o auditorio de Sanxenxo con 'Un conto de Nadal'

A peza estivo maxistralmente interpretada por xóvenes e cativos que forman a agrupación
Saúdo dos actores e actrices ao remate da obra. DP
photo_camera Saúdo dos actores e actrices ao remate da obra. DP

Coa organización a cargo de Emede Teatro e a colaboración de El Granero Azul, a Asociación Xuvenil Saraiba do Mar e o Concello de Sanxenxo, Un conto de Nadal encheu o auditorio do pazo Emilia Pardo Bazán en Sanxenxo, na que foi a derradeira cita con temática festiva desta tempada.

A peza, maxistralmente interpretada por mozos e cativos que forman a agrupación, a partir dunha adaptación da novela de Charles Dickens a cargo de Aldara Piñeiro, foi moi aplaudida por parte do público e ovacionada ao seu remate.

Comentarios