Todo listo para o Revenidas

▶ Do 9 ao 11 de agosto pasarán polo tamén coñecido como 'Festival das Linguas' 40 propostas musicais diferentes, ademais de varias actividades alternativas para todos
 
Festival Revenidas de Vilaxoán durante una actuación de La Raíz nunha edición anterior. ADP
photo_camera O Festival Revenidas de Vilaxoán durante unha actuación de La Raíz nunha edición anterior. ADP

A poucas horas de dar comezo a festa, Vilaxoán xa está preparada para acoller a nova edición do Revenidas. Durante os días 9, 10 e 11 de agosto, a vila mariñeira contará con máis de 20 artistas diferentes nos escenarios, así como concertos de balde no parque Dona Concha, música ao vivo e degustación de produtos 100% galegos a bordo do Chasula, a Feira Revenida ou a sardiñada popular.

As encargadas de inagurar a primeira xornada de concertos serán Flow de Toxo, seguidas por Erin, Desakato, Mal Elévé, The Baboon Show, Hard GZ e Tribade,

Xa o sábado, após as actividades da tarde, será o turno de TNT, Gatillazo, El niño de la hipoteca, Los Caligaris, Valira, Talco, Skacha, e Rebeliom do Inframundo.

O último día, e desde as 17.30, tocarán NAO, Chocolate Remix, Doctor Krapula, Bastards On Parade, La Duendeneta, Leo Arremecághona, Gogol Bordello e Los Jinétes del Trópico. 

Comentarios