viernes. 15.11.2019 |
El tiempo
viernes. 15.11.2019
El tiempo

Trasladado un home por queimaduras a causa dunha avaría nun quentador en Vilagarcía

Oficinas do 112 en Santiago
Oficinas do 112 en Santiago
O intentar conter unha fuga de auga, provocada polo mal funcionamento da resistencia do aparello, o individuo sufriu os danos

As altas temperaturas que alcanzaron a auga tras unha avaría nun quentador provocaron unha serie de queimaduras no ocupante dun inmoble en Vilagarcia de Arousa.

Por mor das lesións, o varón tivo que ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.

O 112 Galicia tivo constancia dos feitos ás 22:00 horas da noite deste venres. Segundo a información recibida, ao intentar conter unha fuga de auga, provocada polo mal funcionamento da resistencia do aparello, o home acabou queimándose.

Ata o lugar do incidente desprazouse unha ambulancia de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilagarcía, membros do GES da localidade e axentes da Policía Nacional e Local.

Trasladado un home por queimaduras a causa dunha avaría nun...