miércoles. 23.09.2020 |
El tiempo
miércoles. 23.09.2020
El tiempo

Tratamento para afianzar o agarre en catro estradas do Salnés

Aspecto que presenta un dos viais provinciais unha vez finalizadas as obras. CEDIDA
Aspecto que presenta un dos viais provinciais unha vez finalizadas as obras. CEDIDA

A mellora da seguridade viaria foi impulsada pola deputación de Pontevedra
 

Catro estradas da Deputación de Pontevedra, na comarca do Salnés, dispoñen xa dun novo tratamento antiescorregadizo para evitar accidentes. Estes traballos, segundo explica o deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, remataron nos últimos días e tiñan como obxectivo aumentar a adherencia da plataforma para os vehículos mediante unha nova capa de tratamento antiesvaradío para evitar sinistros e, por tanto, aumentar a seguranza viaria.

Os servizos técnicos provinciais consideraron necesario realizar as actuacións na EP-9103 entre Rampa e Meloxo, no Concello de O Grove, dende o punto quilométrico 0+260 ata o 0+680; na EP-9305 entre Coirón e Ribadumia-Leiro, no Concello de Meaño, dende o punto quilométrico 1+950 ata o 2+450; e no Concello de Meis, na estrada EP-9402 entre Mosteiro-Barrantes, entre os puntos quilométricos 1+170 a 1+290 e o 1+884 ao 1+984, así como na EP-9405 San Martiño-Armenteira-Busto, dende o punto quilométrico 0+358 ao 0+497. Estes treitos das estradas presentaban unha necesidade de mellora de estado do firme, que se executou coa actuación en zonas específicas nas que se detectara perigo de escorregadas.

O orzamento para facer estes traballos, que tamén incluíron nova sinalización horizontal, nos que tamén se inclúen outros dous treitos de estradas en Mos e A Cañiza, ascende a 53.259,94 euros. Este tipo de actuacións de mantemento dos firmes das estradas provinciais realizarase a partir de 2018, en lugar de a través de contratos individuais, a través dun novo contrato marco que permitirá axilizar as contratacións para, unha vez detectadas deficiencias nos asfaltados, poder realizar os traballos de acondicionamento sen ter que pasar por un longo procedemento administrativo.

O Plan de Rehabilitación de firmes terá no ano 2018 un orzamento de 4,4 millóns de euros.

Tratamento para afianzar o agarre en catro estradas do Salnés
Comentarios