sábado. 24.07.2021 |
El tiempo
sábado. 24.07.2021
El tiempo

Turnos de 14 horas e gardas con 100 pacientes en Baltar

Cribado no centro de saúde de Baltar. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
Cribado no centro de saúde de Baltar. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
A Plataforma de Sanxenxo denuncia a situación, agravada pola covid

A recentemente constituida Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Sanxenxo vén de facer un chamamento á "responsabilidade individual" e "aos órganos de Goberno municipal e autonómico ante o brutal incremento de casos covid no noso concello e arredores", unha situación que está a repercutir directamente no persoal sanitario do centro de saúde e PAC de Baltar, que este ano non contan co reforzo médico habitual durante a tempada estival.

Neste sentido, advertiron dende a Plataforma, o PAC "vese desbordado", xa que só existe "un factultativo para atender arredor de 100 pacientes por quenda". Os médicos de familia, pola súa banda, atenden "unha media de 90 pacientes por xornada". Ademais, aseguran, os seguimentos de casos de covid e as probas dos cribados están a levarse a cabo en Baltar, polo que o persoal debe "aguantar turnos de 14 horas un día tras outro".

O Consello fundador da Plataforma sanxenxina quixo deixar constancia de que "levamos 14 meses de loita, con pequenos remansos entre vaga e vaga, nos que o persoal, administrativos, persoal de limpeza, enfermeiras ou médicos, tratan de devolver a normalidade ao servizo sanitario público, pero cada vez con menos persoal e maiores requirimentos e sacrificios". Neste sentido, aseguran, "os sanitarios non se consideran heroes nin heroínas, xa que cobran polo seu traballo e teñen un aguante limitado. As súas forzas esgótanse", aclara o colectivo, que apela á concienciación.

Covid en Sanxenxo "Falta de empatía cidadá e política"
Dende o colectivo sanxenxino denuncian a "falta de empatía tanto das persoas de a pé coma dos políticos", e sacan á luz casos nos que sanitarios de Baltar atopan pola rúa a persoas "que eles mesmos positivaron de covid-19". Ademais, cargan contra o Goberno local por "fomentar as aglomeracións", con decisións que "nada teñen que ver coa realidade sanitaria, evolutiva e preventiva". Neste sentido, valoran as medidas aplicadas ao ocio nocturno como "un pasaporte libre ao contaxio", xa que, explican, os test de antíxenos ou saliva "só serven cando as persoas xa teñen síntomas e desenvolveron anticorpos". Sobre as vacinas, aseguraron, "serven para que o virus non sexa tan letal". Piden "responsabilidade" e "supervisión das autoridades" sobre as medidas.

Turnos de 14 horas e gardas con 100 pacientes en Baltar
Comentarios
ç