Uns 100 establecementos participan na campaña 'Come, Merca, Ama O Grove'

Os premios suman un total de 1.200 euros que os clientes premiados deberán consumir en establecementos da asociación Emgrobes
Un momento da presentación da campaña. DP
photo_camera Un momento da presentación da campaña. DP

 A asociación de empresarios Emgrobes presentou a campaña Come, Merca, Ama O Grove, que busca incentivar o consumo na localidade grovense en todos os ámbitos empresariais e premiar ós clientes das empresas asociadas ao citado colectivo. Para animar o evento e aos cidadáns para que merquen, na rúa Castelao actuará un DJ cando o tempo o permita.

Con esta campaña que empezou o día 15 e desenvolverase ata o 30 deste mes, na que participan máis de 100 establecementos, a asociación pretende englobar ó sector do comercio, da hostalería e dos servizos, premiando cunha suma importante ós clientes que participen na mesma.

A campaña consistirá en entregar boletos alfanuméricos ós clientes que consuman nos establecementos participantes. Logo deben rexistrarse na páxina www.ccadetendas.com e introducirán estes boletos para poder verse beneficiados de maneira directa con premios que suman 1.200 euros en total. Esta cantidad estará repartida en varios tipos de vales que deberán ser gastados en firmas integradas en Emgrobes.

Serán dous de 100 euros para consumir en restaurantes e taperías; catro de 50 euros para facer efectivos en restaurantes, cafeterías, taperías e bares; dous de 100 euros para gastar en hoteis, hostais, apartamentous ou campings; tres de 100 euros para consumir en comercios ou servicios; e seis premios de 50 euros tamén para trocar en comercios ou servizos.

No momento de introducir o boleto na web, o cliente será informado de se resulta agraciado ou non e poderá recoller o seu premio nuns días no establecemento donde lle tocou. Alí entregaranlle o vale e coñecerá o negocio onde pode utilizalo, na maioría dos casos baixo reserva previa.

O prazo para facer uso do premio será ata o 31 de xullo. O que se pretende é que eses 1.200 euros recaigan novamente nas empresas asociadas, promovendo así o consumo nestes locais e tamén fidelizando ós clientes habituais, sexan veciños de O Grove ou de outras localidades.

Comentarios