domingo. 11.04.2021 |
El tiempo
domingo. 11.04.2021
El tiempo

Veciños de Fuensanta Rodríguez alertan dun novo foco de botellón na zona

O camiño que conecta a rúa Oriente e Fonte dos Ramos. CEDIDA
O camiño que conecta a rúa Oriente e Fonte dos Ramos. CEDIDA
Piden obras de mellora no calello que conecta a rúa Oriente con Fonte dos Ramos, un camiño de paso "descoidado" que "carece de iluminación"

Dende que pechou o ocio nocturno sanxenino e a "marcha" habitual é inexistente nas inmediacións do porto deportivo, os mozos buscaron alternativas. Unha delas sitúase no calello que conecta a rúa Oriente con Fonte dos Ramos onde, segundo relatan os veciños da zona máis cercana á praza de Fuensanta Rodríguez, concéntranse varios mozos "para facer botellón". 

"Como xa non teñen festa no porto, foron subindo cara arriba e agora pasan a noite bebendo neste calello", asegura un dos veciños que, ademais, denuncia a "insalubridade" desta práctica e faise eco do temor dos "máis de 100 veciños" da zona ante posibles contaxios por covid-19. "Para nós é un perigo, porque a media de idade da xente que vive por aquí é de 50 anos en diante, e estamos preocupados porque somos de alto risco".

Así, os veciños demandan "que se realicen máis controis na zona e desinfeccións frecuentes neste calello" que, aseguran, é un lugar de paso e de uso frecuente, un "atallo que utilizamos os veciños como alternativa ás escaleiras, que son moi empinadas para as persoas maiores".

MELLORAS. Os veciños do lugar reivindican a usabilidade do calello, para o que xa teñen reclamado un nome, co obxectivo de que se poida localizar no mapa. Neste sentido, aseguran, xa propuxeron "Carmen Cortés". Critican que este calexón está "descoidado dende hai máis de 10 anos", que "carece de iluminación" e que a vexetación crece descontroladamente dificultando o paso en moitas ocasións. A pesar de que o Concello de Sanxenxo xa realizara algunhas melloras na zona, o núcleo de veciños, quenes aseguran que xa remitiron o correspondente escrito, xulgan estas melloras "insuficientes".

Os veciños na zona solicitan agora que se mellore a iluminación e que se corrixan diversos defectos no chan, así coma o control da vexetación. "Eu paso por aquí frecuentemente cando vou á praia, e coma min moitas outras persoas", sinala un dos afectados.

Veciños de Fuensanta Rodríguez alertan dun novo foco de botellón na...
Comentarios
ç