Vilagarcía abrirá a nova biblioteca o Día do Libro

O traspaso dos fondos á nova sede bibliográfica da rúa Castelao para o 23 de abril obrigará a pechar o local de Rey Daviña entre o 15 e 22

Unha visita ao local da nova biblioteca o pasado decembro. J. L. OUBIÑA
photo_camera Unha visita ao local da nova biblioteca o pasado decembro. J. L. OUBIÑA

O Concello de Vilagarcía anunciou o pasado martes unha das datas máis esperadas: a inauguración da Biblioteca Municipal Rosalía de Castro ubicada na rúa Castelao. A apertura destas novas instalacións será o 23 de abril, coincidindo co Día do Libro.

Para que a nova sede bibliográfica poida funcionar con normalidade unha vez inaugurada, a Biblioteca de Rey Daviña terá que pechar do 15 ao 22 de abril. O obxectivo é facilitar o traslado dos fondos e equipos informáticos ao edificio de Castelao, tarefa que durará varios días.

A nova Biblioteca municipal abrirá de luns a venres cun horario de 9.00 a 21.00 horas, e de 9.00 a 14.00 horas os sábados. Unha das novidades será a ampliación de horario da sección infantil, cuxa apertura adiantarase unha hora todos os días.

Este novo local permite á biblioteca de Vilagarcía dispor de maior superficie da que tiña na casa de Cultura de Rey Daviña. As novas instalacións suman 1.482 m² en tres pisos: baixo, entreplanta primeira e entreplanta segunda.

Comentarios