Os Vilagarciáns de máis de 65 anos poderán viaxar en galeón

As travesías terán lugar o 1 de setembro e a inscrición abrirase o 23 de agosto
O galeón que levará aos veciños. CONCELLO DE VILAGARCÍA
photo_camera O galeón que levará aos veciños. CONCELLO DE VILAGARCÍA

Os vilagarciáns que superen a idade de 65 anos podrán viaxar en exclusividade en galeón durante sendas rutas que pon a súa disposición a Área de Persoas Maiores do Concello de Vilagarcía. As travesías terán lugar o día 1 de setembro, con saídas dende o peirao de pasaxeiros da cidade ás 16.00 e ás 18.00 horas. O número de prazas dispoñibles é de 18 (9 en cada quenda) e a participación é de balde previa inscrición, trámite que poderán realizar entre o luns 23 e o venres 27 de agosto nas dependencias da Concellería en horario de 9.00 a 13.00 horas.

Para poder anotarse o único requisito é ter cumpridos os 65 anos e estar empadroado en Vilagarcía. As inscricións serán individuais e no caso de que se rexistre máis demanda que prazas ofertadas, estas adxudicaranse mediante sorteo público a celebrar o luns, 30 de agosto na Casa Consistorial.

Estas travesías organízanse en colaboración coa Concellería de Medio Ambiente a través do convenio asinado coa asociación Rompetimóns para a realización do programa de roteiros turísticos de verán, unha actividade que ten boi boa acollida todos os anos, como o demostra que as prazas se esgoten case o mesmo día no que se abre a inscrición. As reservas fixéronse a través de ataquilla.com, un sistema que para moitas persoas de idade supón unha traba por non ter acceso aos medios dixitais ou por non saber manexalos.

Comentarios