Vilanova creará un Punto de Atención á Infancia e mellorará a súa escola infantil

A Xunta destina 130.000 euros á creación dun Punto de Atención á Infancia de 20 prazas e outros 120.000 á creación dunha sala de usos múltiples na escola infantil municipal
Fabiola Garcia. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Fabiola Garcia durante a visita á escola infantil municipal de Vilanova. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

A Xunta de Galicia ven de anunciar a futura creación dun Punto de Atención á Infancia de 20 prazas e tamén melloras na actual escola infantil municipal desta localidade. Ao conxunto destas dúas actuacións, o Goberno galego destinará 250.000 euros, cos que se incrementarán e renovarán os servizos destinados ás familias e a atención de 0 a 3 anos. 

Así o fixo saber a conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, quen visitou este martes o concello de Vilanova de Arousa e, acompañada do alcalde, Gonzalo Durán, explicou que o novo Punto de Atención á Infancia situarase nas antigas casas de profesores do CEIP de Sestelo en Baión e estará rematado este mesmo ano. Contará con 20 prazas gratuítas e, para a súa posta en funcionamento, a Xunta concedeulle ao Concello 130.000 euros.

Así mesmo, a Xunta achegou outros 120.000 euros para a construción dunha sala de usos múltiples na escola infantil municipal do concello. 

Comentarios