martes. 27.07.2021 |
El tiempo
martes. 27.07.2021
El tiempo

Xunta e Concello humanizarán a travesía de Portonovo por 2,3 millóns

undefined
Telmo Martín, e a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, abordaron as claves do proxecto. DP
A actuación abrangue 800 metros da PO-308 e ten como principal obxectivo ampliar as beirarrúas

A Concellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de anunciar a inminente sinatura dun convenio co Concello de Sanxenxo para executar as obras de humanización e de reforzo da seguridade viaria da travesía de Portonovo, e que abrangue un treito de 800 metros da estrada autonómica PO-308, entre os puntos quilométricos 18+960 e 19+770. O convenio de colaboración permitirá a financiación conxunta das obras, que supoñen un investimento estimado superior aos 2,3 millóns de euros.

Tal e como informaron dende a entidade autonómica, a actuación ten como principal obxectivo ampliar as beirarrúas existentes ata un mínimo de dous metros, favorecendo a accesibilidade e a mobilidade a pé dos veciños, cunha delimitación clara da circulación do tráfico rodado e peonil. Ademais, inclúe a reordenación de cruces e de accesos, coa construción de dúas novas glorietas. A humanización da travesía significará a disposición de zonas axardinadas e a colocación de mobiliario urbano, aproveitando a intervención para renovar as instalacións, co soterramento de tendidos eléctricos aéreos, e coa renovación das redes de abastecemento, saneamento e pluviais.

Neste sentido, o Concello de Sanxenxo ten elaborado xa un estudo previo das intervencións necesarias, aínda que será preciso contratar a redacción do proxecto de construción, de modo paralelo á tramitación do convenio de colaboración, polo que Sanxenxo será o encargado de licitar e executar as obras, e comprométese a asumir, antes do inicio dos traballos, a titularidade das beirarrúas no treito da PO-308 que serán obxecto de actuación.

CONEXIÓN DA AUTOVÍA

As obras de mellora da conexión da autovía do Salnés coa estrada PO-504 comezarán no mes de setembro. Así llo confirmou a conselleira Ethel Vázquez a Telmo Martín durante a reunión, garantindo a condición de evitar a afección ao tráfico en época estival. A actuación foi adxudicada recentemente e suporá un investimento autonómico de 335.000 euros para construir un novo ramal para os vehículos que veñen do Grove e da Lanzada e saen da vía rápida en Sanxenxo e enlazan coa PO-504.

Xunta e Concello humanizarán a travesía de Portonovo por 2,3 millóns
Comentarios
ç