A Xunta mellora os viais de alta velocidade do Salnés

Ethel Vázquez, en Vilanova de Arousa. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

As achegas para estas actuacións ascenden a 750.000 euros

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, salientou este mércores o investimento de preto de 750.000 euros na execución das obras de reforzo da seguridade nas vías de altas prestación do Salnés. Vázquez Mourelle achegouse ata Vilanova para comprobar sobre o terreo os últimos remates nas actuacións de reforzo da seguridade viaria que se levaron a cabo na estrada VG-4.3, vía de altas prestación que discorre polos concellos de Cambados, Vilagarcía e Vilanova, e tamén na VG-4.2, estrada autonómica que comunica a autovía do Salnés en Ribadumia con Cambados.

Segundo indicou a titular de Infraestruturas da Xunta, as obras nestas dúas estrada autonómicas, que se executaron ao longo dun total de 13 quilómetros, consistiron na renovación do firme nos treitos que se atopaban nun estado máis desgastado e nos que era máis necesaria a súa mellora, co obxectivo de garantir a circulación e a seguridade viaria. Sinalou que nesta intervención levouse a cabo, tamén, a renovación completa da capa de rodadura en toda a sección, incluíndo carrís e beiravías. Ademais, procedeuse á reposición completa da sinalización horizontal en ambos treitos, a mellora da sinalización vertical, así como o balizamento e as defensas.

Vázquez subliñou que as obras iniciadas en xuño, e que tiñan un prazo de execución de 4 meses, atópanse xa rematadas cumprindo co obxectivo de mellorar e é garantir a seguridade viaria e minimizando na súa execución a influencia na circulación.