Lunes. 19.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 19.11.2018
El tiempo

O XV Festival Revenidas empeza este venres con corenta artistas no cartel

Presentación do Revenidas 2018. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
Presentación do Revenidas 2018. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Vilaxoán acollerá o evento ata o vindeiro domingo

O XV Festival Revenidas, tamén coñecido como o Festival das Linguas, dará comezo este venres con corenta artistas sobre o escenario de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa.

O evento, que se desenvolverá ata este domingo, é xa unha referencia pola súa aposta na música en galego, xunto coa presenza de grandes bandas destacadas internacionalmente.

O cartel do #Revenidas18 componse dunha combinación de estilos musicais como o balkan, ska, punk, rock, pop, garage, rap, hiphop, funk, dubstep, trap, reggae, folk ou electrónica. Unha experiencia popular galega ao redor dunha gran comida familiar, a Gran Sardiñada Popular que deu orixe ao festival, actividades gratuítas para todos os públicos e concertos nun recinto pechado con dous escenarios no porto de Vilaxoán, entre este venres e o domingo.

Nesta edición actuarán grupos como: Soziedad Alkoholika, Ayax e Prok, The Real McKenzies,Tremenda Jauría, Steve'n'Seagulls, El Drogas, Russkaja, Zoo ou Dakidarría, ata corenta opcións musicais.

Ademais, o Revenidas tamén ten numerosas actividades e propostas diversas para toda a familia como a sardiñada popular, a feira revenida, a música do recuncho dub ou os pasacalles.

A isto únense as propostas que achegarán tres chefs de alto nivel como son Gerson Igrexas e Pablo Domínguez, de Adega das Caldas de Ourense; e o coñecido chef vigués Alberto González; xunto á Gala de Circo Solidaria ou os concertos a bordo do Chasula con Voodoo, Roberto Desván, Arremecaghona Monobanda, Xurxo Souto, Ugía Pedreira + Mariña Oural e Marcelo Dobode.

Os bonos que permiten asistir ao tres días de festival están á venda na web por 35 euros máis gastos ata a medianoite deste xoves, cando pasarán a 45 euros.

O mesmo sucede coas entradas para asistir a un só día de festival: de momento as do sábado pódense adquirir por vinte euros e a partir dos próximos días terán un prezo de vinte e cinco euros.

O XV Festival Revenidas empeza este venres con corenta artistas no...
Comentarios