El yacimiento de A Lanzada ampliará su BIC y será objeto de una musealización

El presidente de la Deputación, Luis López, anunció una inversión de 400.000 euros que también servirá para duplicar la zona de excavación en una actuación "programada a dous anos vista". El Concello de Sanxenxo convocará un concurso de ideas para potenciar el entorno

Representantes de la Deputación, Xunta de Galicia y Concello de Sanxenxo visitaron el martes la necrópolis. GONZALO GARCÍA
photo_camera Representantes de la Deputación, Xunta de Galicia y Concello de Sanxenxo visitaron el martes la necrópolis. GONZALO GARCÍA

El yacimiento de A Lanzada tendrá una nueva vida. La Deputación de Pontevedra solicitará a Patrimonio la ampliación de la catalogación del entorno como Bien de Interés Cultural (BIC) con el objetivo de reforzar la protección de todo el conjunto, desde el cruce con la carretera PO-308 hasta la ermita. Se trata de una medida que anunció el pasado martes el presidente del ente provincial, Luis López, y que irá de la mano de una completa mejora del castro, que pasará por un proyecto de musealización.

"Recuperar a nosa historia tamén é unha experiencia cen por cen Rías Baixas", manifestó López quien, acompañado del vicepresidente provincial, Rafa Domínguez, el alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, el delegado territorial de la Xunta, Agustín Reguera, y miembros de la Corporación municipal, detalló 'in situ' las características del plan, que girará en torno a tres ejes, para los que está prevista una inversión de 400.000 euros por parte de la Deputación.

"Temos un plan baseado na sustentabilidade cunha nova estratexia para impulsar e poñer en valor recursos coma este", explicó, asegurando que las actuaciones se centrarán en el entorno del yacimiento, así como en la parte de la ermita y la torre de A Lanzada. En primer lugar, se acometerán labores de mantenimiento y limpieza "necesarias para sacar toda a acumulación de suciedade e minimizar os danos ao espazo recuperado", mientras que, en segundo lugar, se ampliará la zona de excavación hacia la cara este y norte, que "será o equivalente case ao que hai agora excavado" y, en tercer lugar, se musealizarán todos los hallazgos, mientras que en la parte de la capilla y la torre se pasará un georradar.

El presidente de la Deputación estimó que la actuación está programada "a dous anos vista".

Actuación municipal

El Concello de Sanxenxo también hará su aportación a la mejora del enclave de A Lanzada y, para ello, recuperará y potenciará el entorno que rodea a estos bienes patrimoniales. Para ello, tal y como explicó el alcalde, Telmo Martín, convocará un concurso de ideas en el que estarán representados distintos técnicos como paisajistas, arqueólogos y arquitectos "que nos propoñerán a mellor forma de facelo".

"Atopámonos na xoia da coroa do municipio, onde está parte da historia de Galicia e queremos recuperar este entorno, renaturalizar o espazo e poñelo en valor", señaló. En este sentido, quiso dejar claro también que "A Lanzada é xa un dos lugares máis visitados do noso concello e queremos mimala e coidala", aseguró.

"As recreacións serán virtuais, non se tocará ningún elemento físico"

O proxecto de musealización do xacemento da Lanzada xa está encamiñado, co ánimo de preservar o mellor posible a contorna, sen que este resulte afectado. Por iso, a tecnoloxía xogará un importante papel á hora de poñer en valor este tesouro patrimonial, segundo explica Rafael Rodríguez, arqueólogo provincial.

Canto camiño se percorreu ata agora durante as investigacións neste xacemento?
O que temos aquí é unha sucesión de ocupación humana dende o século VIII a.C. ata o día de hoxe. Temos todas as etapas da protohistoria e da historia, non soamente de Sanxenxo, senón tamén de toda Galicia. Bronce, época castrexa, época romana e ata o XIX coa romaría, o 'boom' do turismo dos anos 70 e incluso hoxe en día cos chalés e os chiringuitos. Podemos estar arqueoloxía neste mesmo intre.

Cales son os achados máis relevantes ata o de agora?
Os dous elementos máis senlleiros son, por un lado, a primeira factoría de salgados do noroeste que se ten documentado ata o momento, e que data polo século III e o século II a.C., así como a gran necrópole que se excavou nos anos 60 e 70, como na última campaña onde documentamos 18 individuos, 13 de en torno a un ano de vida, e tres adultos. Isto válenos, primeiro, para ter restos humanos, que é complicado na época romana polo tipo de solo que hai en Galicia. Neste caso, ao ser area, consérvanse moi ben. E, ademais disto, tamén podemos coñecelos un pouco máis. Non como morrían, se non como vivían, que alimentación tiñan, ou como se adicaban. Todos eses marcadores témolos nos ósos. Incluso agora mesmo estamos facendo experimentos con intelixencia artificial, que aínda non son serios, para poñerlle cara a esta xente. Por exemplo, a famosa señora Cornelia que nos apareceu no ano 16 xa ten cara. Hai que envellecela un pouco e traballar un pouco máis, pero xa sabemos que aspecto podería ter. Agora, imos facer o mesmo cos outros dous individuos e cos restos dos bebés, nos que tamén temos que seguir traballando, porque unha das grandes incógnitas é de que morreron ou como. É importante saber que pintan aquí 13 indivíduos tan pequenos, todos enterrados no mesmo sitio.

Rafael Rodríguez, arqueólogo provincial, na Lanzada. ALBA MOLEDO UCHA
Rafael Rodríguez, arqueólogo provincial, na Lanzada. ALBA MOLEDO UCHA


Que se agarda atopar coa nova ampliación da excavación?
Eu creo que imos conseguir máis desta factoría de salgados. A intención é acabar de definila en extensión, ver como son estas edificacións das que non podemos aínda facer un 3D. Logo, tamén veremos que pasa con esas outras estruturas que saíron no xeorradar, para saber se é unha área habitacional, se son casas de traballadores da factoría ou anteriores, ou se hai outra cousa. Un dos problemas que temos, é que hai unha ocupación romana moi definida polos materiais, pero non temos estruturas definidas de casas desta época. Parte destas estruturas poden saír aí, e pode tamén que sigan aparecendo cadáveres coma os que documentamos durante os traballos que levamos a cabo no ano 2016.

En que parámetros se acometerá a musealización desta zona?
Farémolo do xeito máis sostible posible, e que teña o menor impacto sobre a contorna na que estamos. O que levaremos a cabo é o que coñecemos coma unha musealización branda. É dicir, instalaremos paneis con códigos QR, con moita recreación virtual e moitos 3D. O obxectivo é que a xente poida acceder a moita información, pero con cinco ou seis paneis e, sobre todo, con moito soporte 'online'. O que queremos é xerar o menor ruido posible nesta zona, tanto no que respecta ao medio ambiente como aos restos arqueolóxicos.

Haberá algunha recreación para que o público poida figurarse como era a vida neste xacemento?
Se facemos recreacións, serán virtuais. De feito, xa estamos traballando nalgunha virtualización, xa hai algunha cousa feita neste sentido. Algúns destes contidos témolos na web de 'Trazas de Pontevedra' pero, en calquera caso, o que fariamos sería traballar sobre un soporte virtual. Aquí non se tocará ningún elemento físico.

Comentarios