lunes. 16.05.2022 |
El tiempo
lunes. 16.05.2022
El tiempo

Alcer, a nova asociación de enfermos do ril de Pontevedra

A recén constituida xunta directiva de Alcer Pontevedra, no Hospital Provincial. J.G.
A recén constituida xunta directiva de Alcer Pontevedra, no Hospital Provincial. J.G.

PONTEVEDRA. Os enfermos con afeccións que danen o ril contan dende onte cunha asociación que velará polo seu confort na súa vida diaria. A Asociación de Lucha Contra las Enfermedades del Riñón (Alcer) Pontevedra foi creada coa finalidade de protexer a este colectivo que, só na área de Pontevedra, e segundo unha das directivas recén elexidas, «suma máis de 1.500 persoas». Esta provincia é a última en presentar públicamente unha organización deste tipo, xa que Ourense, Lugo e A Coruña contan con sedes de Alcer dende hai anos.

O presidente recén elixido en asemblea de Alcer Pontevedra, José Luís Viana, adiantou que se espera que a partir de outubro a nova rama desta asociación poda estar inscrita na federación galega de Asociaciones de Lucha Contra las Enfermedades del Riñón. Viana recordou que «xa existe unha federación a nivel español que provee aos enfermos e aos familiares de asesoría nutricional, psicolóxica e de prestación de servizos sociais. Tamén temos planeado unirnos a ela en breves».

Viana recoñeceu que a cuota de 25 euros por ano que pagarán os asociados «é irrisoria en canto á financiación da asociación. A experiencia dinos que non chegan a nada. Nós sabemos que o fortalecemento de Alcer depende de subvencións».

Viana recalcou que, pese a isto, o piar básico de Alcer Pontevedra son os seus asociados. Segundo o presidente da agrupación, «Alcer é aquello que os enfermos farán delo». A maiores, Viana engadiu que non se pode esperar que sexa a nova directiva a que se faga cargo de todo, xa que «a colaboración activa dos integrantes é fundamental para a supervivencia desta rama de Alcer».

Asamblea

Alcer Pontevedra constituise onte mediante asamblea no Hospital Provincial. A esta convocatoria acudiron ducias de enfermos de ril que ratificaron os estatutos da asociación.

Trala lectura e aprobación das normas que rexirán Alcer, os doentes presentes no sala puideron preguntar todas as súas dúbidas sobre as actividades que levará a cabo Alcer. Todos os membros da directiva insistiron na necesidade da mellora na calidade de vida dos enfermos.

Alcer, a nova asociación de enfermos do ril de Pontevedra
Comentarios