A Casa da Cultura de Lérez queda pequena na súa inauguración

A Casa da Culura de Lérez volveu este sábado encherse de vida logo de varias décadas abandonada. Tanto, que os veciños xa bromeaban coa ampliación do edificio rehabilitado recentemente polo arquitecto Jorge Rodríguez.

A Banda de Música Xuvenil de Salcedo amenizou o acto con temas como o da banda sonora de Indiana Jones, que segundo algúns veciños casaba co evento, xa que a recuperación deste edificio representa para eles ''un gran logro'' e a recuperación da memoria da parroquia, todo un exemplo de arqueoloxía.

O presidente da Comunidade de Montes, Miguel Anxo Vilacoba, referiuse precisamente aos veciños que hai 80 anos ''foron quen de facer realidade a ilusión de construír un espazo de liberdade e solidariedade'' no que a cultura ''chegase aos máis desfavorecidos'', malia o esforzo económico que representaba, ''que daquela era aínda maior''.

(Máis información na nosa edición impresa do 12 de febreiro).

Comentarios