''Ence consume máis auga que Pontevedra, Poio, Marín, Sanxenxo e Bueu xuntos''

Ao fronte dunha concellería con moitas competencias, unha das pezas mestras do novo Goberno de Lores explica unha parte do seu traballo.

Conta cun equipo suficiente?

Os propios servizos quererían contar con máis medios, tanto materiais como humanos, pero neste momento o plantel está dimensionado o xusto para desenvolver as súas actividades de forma óptima. Búscase unha mellora constante, o mesmo que na formación, na que todos eles e todas elas están moi implicados.

Vivimos nunha cidade segura?

Pontevedra é unha cidade segura a tódolos niveis. En seguranza viaria somos vanguardia en todo o Estado, xa se veu co premio que se concedeu no seu momento. Ademais, se segue avanzando neste tema, porque sempre hai que ser ambiciosos para mellorar os resultados. Polo demáis, Pontevedra é unha cidade segura en xeral, o que é estupendo, porque para as persoas que vivimos aquí ter a tranquilidade de que na túa cidade te podes desenvolver con seguridade incrementa moitísimo a calidade de vida.

Que farán se volven os problemas de abastecemento de auga?

A captación de Ence son 14 millóns de metros cúbicos anuais, moitísima máis non só da que consume Pontevedra, senón tódolos concellos que se abastecen da ría, Poio, Sanxenxo, Marín e parte de Bueu. No caso de que se volva a dar unha situación como a que se deu actuaremos igual. O consumo doméstico é prioritario, e se reducirá o consumo de Ence. Teñen que adoptar medidas, que non as adoptan, para aforrar. Teñen unha condución que perde auga por todas partes. O feito de estar con problemas e estar soltando polo aliviadeiro é unha falta de control. Dentro de poucos anos, o río quedará por fin liberado desta captación.

(Entrevista completa na nosa edición impresa do 15 de xaneiro).

Comentarios