FormaEdugal traerá á cidade aos que máis saben sobre educación

As conferencias e talleres do I Salón de Educación foron presentadas onte na sede de Aempe. alba sotelo
photo_camera As conferencias e talleres do I Salón de Educación foron presentadas onte na sede de Aempe. alba sotelo

PONTEVEDRA. A proposta do I Salón de Oferta de Educación e Formación (Edugal) de Pontevedra non se limitará só aos stands informativos das institucións participantes, senón que incluirá tamén actividades formativas, como charlas, coloquios e mesas redondas, e outras paralelas cunha compoñente cultural ou tecnolóxica. Estas iniciativas, que forman parte do programa FormaEdugal, permitirán mellorar a formación dos asistentes e abordar o debate sobre o presente e o futuro da educación.

Tal e como constatou Eduardo Barros, o evento contará con conferencias de célebres nomes propios do eido educativo e formativo, como o escritor, actor e director de cine Albert Espinosa, guionista do filme ‘Planta Cuarta’; a psicóloga Rosa Barriuso, directora da Escuela Europea de Coaching; o sociólogo e investigador Oriol Homs, experto en temas de Formación Profesional, e o profesora da Uned Miguel Santamaría, gurú do desenvolvemento das novas tecnoloxías na Formación a Distancia, que será o poñente inaugural.


Consiga AQUÍ la información completa

Comentarios