As ideas que saen do instituto e que sacan sorrisos con só apertar un botón

Los asistentes a la inauguración de la exposición probando los juguetes modificados para los niños de Amencer . david freire
photo_camera Los asistentes a la inauguración de la exposición probando los juguetes modificados para los niños de Amencer . david freire

PONTEVEDRA. Facilitarlles o día a día aos nenos con parálise cerebral de Amencer é o reto que se marcan os alumnos e profesores do Centro Integrado de Formación Profesional A Xunqueira, que continúan o seu labor de adaptar obxectos cotiáns como un mando a distacia para a televisión ou material didáctico para diferenciar as partes do corpo. Estes dous exemplos atópanse agora mesmo en fase de desenvolvemento, pero pronto serán utilizados nas aulas de Amencer. Máis alá destes proxectos, teñen en mente outros máis ambiciosos como a adaptación de bicicletas e columpios para facelos accesibles a todos os nenos.

Con só pulsar un botón actívase un xoguete, unha grabadora, encéndese unha lámpada ou ponse en funcionamento unha máquina que desprende distintos olores. Este tipo de obxectos cotiáns adaptados e artiluxios deseñados polos alumnos especialmente para que os rapaces de Amencer os poidan usar sen problemas e dun xeito autónomo son os que se exiben esta semana nunha exposición inaugurada onte no CIFP A Xunqueira.

Os alumnos participantes desenvolven estes proxectos durante todo o curso e proceden de varios ciclos, como o de Madeira ou o de electromecánica. O que máis lles motiva disto é a práctica que adquiren facéndoo e saber que o que fan é útil para outras persoas.

Na inauguración estivo presente o alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, quen destacou que «hai un campo de traballo» no desenvolvemento deste tipo de materiais.

Xornadas

A exposición forma parte dunhas xornadas desenvolvidas durante toda esta semana no CIFP A Xunqueira baixo o título ‘Innovación e solidariedade na F.P’. Nelas haberá charlas sobre o funcionamento de Amencer-Aspace, sobre a utilidade dos materiais adaptados e tamén sobre a colaboración entre a asociación e o centro de Formación Profesional.

Un dos profesores de A Xunqueira e responsables deste proyecto, Manuel Pérez, explicou que estas xornadas naceran cando quixeron «ampliar toda la colaboración que llevábamos teniendo desde hace años», e asegura que «la intención es que se sigan celebrando en los próximos años».

A colaboración entre o centro de formación profesional e a asociación comenzou hai xa dez anos, cando xurdiu a idea de que se podían axudar mutuamente.

Comentarios